Favorecer, como centro de referencia, a colaboración entre os demais equipamentos para a educación ambiental (aulas da natureza, granxas escola, centro de visitantes, parques etnográficos e arqueolóxicos, etc.).
Proporcionar, como centro de formación, os medios axeitados para a capacitación de técnicos en medio ambiente, do profesorado e doutros grupos sociais interesados pola educación ambiental.
Mostrar, como centro de interpretación, a interacción dos diversos elementos que interactúan sobre a natureza para propiciar a utilización racional dos recursos cara a un uso sustentábel.
Facilitar, a través do centro de documentación, a difusión de todo tipo de material formativo, educativo e divulgativo relacionado co Medio Ambiente e a Educación Ambiental.
Fomentar, como centro de divulgación, o coñecemento dos valores e dos problemas ambientais actuais, co fin de sensibilizar e xerar unha conciencia crítica.