Centaurus A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Centaurus A
Centaurus A (NGC 5128)
Tipo e posición
Época= X.2000
Tipo S0 pec[1] or Ep[2]
Constelación de Centaurus
Ascensión recta 13h 25m 27.6s[1]
Declinación -43° 01′ 09″[1]
Características
Distancia 10–16 MAl (3–5 Mpc)[3][4][5][6][7]
Corremento cara ó vermello 547 ± 5 km/s[1]
Tamaño angular 25′,7 × 20′,0[1]
Magnitude aparente 6,84[8][9]
Outras designacións
NGC 5128,[1] Arp 153,[1] PGC 46957,[1] 4U 1322–42,[10] Caldwell 77

Centaurus A ou tamén coñecida coma NGC 5128, é unha galaxia prominente da constelación de Centaurus. Foi descuberta en 1826 polo astrónomo escocés James Dunlop dende a súa casa de Parramatta, en New South Wales, Australia. Hai un debate académico considerable sobre as propiedades fundamentais da galaxia, tales como o seu tipo Hubble (galaxia lenticular ou unha galaxia elíptica xigante)[2] e a súa distancia (10-16 millóns de anos luz).[3][4][5][6][7] NGC 5128 é unha das radiogalaxias máis próximas á Terra, polo que a actividade do seu núcleo galáctico foi amplamente estudada por astrónomos profesionais.[11] É a quinta galaxia máis brillante do firmamento,[11] o cal fai dela un obxectivo ideal para ós astrónomos afeccionados,[12] aínda que a galaxia só é visible en latitudes baixas do hemisferio norte e no hemisferio sur.

O centro da galaxia contén un buraco negro supermasivo cunha masa equivalente a 55 millóns de masas solares,[13] o cal emite un chorro relativista que é responsable das emisións de Raios X e das emisión en lonxitudes de onda de radio. Ó tomar observacións de radio do chorro cunha separación temporal dunha década, os astrónomos determinaron que as partes internas do chorro estanse movendo a preto da metade da velocidade da luz. Os raios X prodúcense máis lonxe, onde chorro colidida cos gases circundantes, que da coma resultado a creación de partículas altamente enerxéticas. Os chorros de radio de Centaurus A teñen máis dun millón de anos luz de lonxitude.[14]

Como outras galaxias con xerminación estelar, sospéitase que foi unha colisión a responsable do intenso nacemento de estrelas. Estudos do Telescopio Espacial Spitzer confirmaron que Centaurus A está colidindo cunha unha galaxia espiral menor e devorando á mesma.[15]

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

A morfoloxía de Centaurus A pode ser descrita coma peculiar. Coma se pode ver dende a Terra, a galaxia parece unha galaxia lenticular ou unha galaxia elíptica cunha franxa de po superposta.[16] A peculiaridade desta galaxia foi identificada por primeira vez en 1847 por John Herschel, e a galaxia foi incluída no Atlas de Galaxias Peculiares de Halton Arp (publicado en 1966) como un dos mellores exemplos dunha galaxia "perturbada" con absorción de po.[17] A estraña morfoloxía da galaxia indica xeralmente o resultado da interacción ou fusión entre dúas galaxias menores.[18]

O núcleo desta galaxia está composto principalmente por estrelas vermellas evolucionadas.[16] O disco de po, pola contra, é o lugar máis recente de formación estelar,[11] con máis de 100 rexións de formación de estrelas identificadas dentro do disco.[19]

Supernova[editar | editar a fonte]

Foi detectada unha supernova en Centaurus A.[20] A supernova, chamada SN 1986G, foi descuberta dentro do cinto de po escuro da galaxia por R. Evans en 1986.[21] Foi máis tarde catalogada coma unha supernova tipo Ia,[22] que se forma cando a masa dunha anana branca crece o suficiente para inicia-la fusión do carbono no seu núcleo, provocando unha reacción termonuclear descontrolada, como pode ocorrer cando unha anana branca nun sistema binario extrae gas da outra estrela. SN 1986G foi usada para demostrar que os espectros das supernovas tipo Ia non son todos idénticos, e que os espectros das supernovas Ia poden ir cambiando ó longo do tempo xa que o seu brillo tamén pode variar ó longo do tempo.[22]

Distancia[editar | editar a fonte]

As estimacións da distancia para a NGC 5128 establecéronse a partir da década de 1980, oscilando normalmente entre 3-5 Mpc.[3][4][5][6][7][23] Descubríronse Cefeidas clásicas na franxa de po profundamente escura de NGC 5128, deixando a distancia entre ~3-3,5 Mpc, dependendo da natureza da lei extinción adoptada e doutras consideracións.[5][6] Tamén foron descubertas variables Mira[23] e Cefeidas tipo II[5][6] en NGC 5128, sendo estas últimas raramente detectadas fóra do Grupo Local.[24] A distancia ata NGC 5128 establecida a través de diversos indicadores, tales como variables Mira e nebulosas planetarias da o seu favor un valor máis distante, do redor duns 3,8 Mpc.[2][7]

Galaxias próximas e información sobre o seu grupo de galaxias[editar | editar a fonte]

Centaurus A é o centro dun dous subgrupos dentro de Centaurus A/Grupo M83, un grupo de galaxias próximo.[25] Messier 83 (a Galaxia do Remuíño do Sur) é o centro do outro subgrupo. Estes dous grupos son algunhas veces identificados coma un só grupo[26][27] e algunhas veces identificados coma dous grupos.[28] Con todo, as galaxias arredor Centaurus A e as que están preto M83 están fisicamente preto as unhas das outras, e de ambos subgrupos parecen non estar nin achegándose nin separándose entre si.[29] O Grupo M83/Centaurus A está localizado no supercúmulo de Virgo.

Visibilidade[editar | editar a fonte]

Centaurus A está situada a aproximadamente a 4° ó norte do Omega Centauri (un cúmulo globular visible a simple vista).[12] Como a galaxia ten un brillo superficial elevado e relativamente grande en tamaño angular, é un obxectivo ideal para observacións da astronomía afeccionada. O núcleo central brillante e a franxa escura de po son visibles mesmo con oculares de procura e grandes prismáticos,[12] e estrutura adicional pódese ver en telescopios máis grandes.[12] Centaurus A é visible a simple vista baixo condicións excepcionalmente boas.[30]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for Centaurus A. Consultado o 06-12-2006. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Harris, Gretchen L. H. (2010). "NGC 5128: The Giant Beneath". Publications of the Astronomical Society of Australia 27 (4): 475. Bibcode:2010PASA...27..475H. arXiv:1004.4907. doi:10.1071/AS09063. 
  3. 3,0 3,1 3,2 J. L. Tonry, A. Dressler, J. P. Blakeslee, E. A. Ajhar, A. B. Fletcher, G. A. Luppino, M. R. Metzger, C. B. Moore (2001). "The SBF Survey of Galaxy Distances. IV. SBF Magnitudes, Colors, and Distances". Astrophysical Journal 546 (2): 681–693. Bibcode:2001ApJ...546..681T. arXiv:astro-ph/0011223. doi:10.1086/318301. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Distance Results for NGC 5128". NASA/IPAC Extragalactic Database. Consultado o 26-04-2010. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Ferrarese Laura, Mould Jeremy R., Stetson Peter B., Tonry John L., Blakeslee John P., Ajhar Edward A. (2007). "The Discovery of Cepheids and a Distance to NGC 5128". The Astrophysical Journal 654: 186. Bibcode:2007ApJ...654..186F. arXiv:astro-ph/0605707. doi:10.1086/506612. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Majaess, D. (2010). "The Cepheids of Centaurus A (NGC 5128) and Implications for H0". Acta Astronomica 60: 121. Bibcode:2010AcA....60..121M. arXiv:1006.2458. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Harris, Gretchen L. H.; Rejkuba, Marina; Harris, William E. (2010). "The Distance to NGC 5128 (Centaurus A)". Publications of the Astronomical Society of Australia 27 (4): 457–462. Bibcode:2010PASA...27..457H. arXiv:0911.3180. doi:10.1071/AS09061. 
  8. SIMBAD Astronomical Database (ed.). "SIMBAD-A". Consultado o 29-11-2009. 
  9. Armando Gil de Paz; Boissier, Madore, Seibert, Boselli (2007). "The GALEX Ultraviolet Atlas of Nearby Galaxies". Astrophysical Journal Supplement 173 (2): 185–255. Bibcode:2007ApJS..173..185G. arXiv:astro-ph/0606440. doi:10.1086/516636. 
  10. 4U versión catálogo web.
  11. 11,0 11,1 11,2 F. P. Israel (1998). "Centaurus A – NGC 5128". Astronomy and Astrophysics Review 8 (4): 237–278. Bibcode:1998A&ARv...8..237I. arXiv:astro-ph/9811051. doi:10.1007/s001590050011. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 D. J. Eicher (1988). Cambridge University Press, ed. The Universe from Your Backyard. Cambridge. ISBN 0-521-36299-7. 
  13. NASA (ed.). "Radio Telescopes Capture Best-Ever Snapshot of Black Hole Jets". Consultado o 02-10-2012. 
  14. NASA, ed. (13-04-2011). "Astronomy Picture of the Day – Centaurus Radio Jets Rising". Consultado o 16-04-2011. 
  15. Quillen, A. C.; Brookes, M. H.; Keene, J.; Stern, D.; Lawrence, C. R.; Werner, M. W. (2006). "Spitzer Observations of the Dusty Warped Disk of Centaurus A". The Astrophysical Journal 645 (2): 1092. doi:10.1086/504418. 
  16. 16,0 16,1 A. Sandage, J. Bedke (1994). Carnegie Institution of Washington, ed. Carnegie Atlas of Galaxies. Washington, D.C. ISBN 0-87279-667-1. 
  17. H. Arp (1966). "Atlas of Peculiar Galaxies". Astrophysical Journal Supplement 14: 1–20. Bibcode:1966ApJS...14....1A. doi:10.1086/190147. 
  18. W. Baade, R. Minkowski (1954). "On the Identification of Radio Sources". Astrophysical Journal 119: 215–231. Bibcode:1954ApJ...119..215B. doi:10.1086/145813. 
  19. P. W. Hodge, R. C. Kennicutt Jr. (1982). "An atlas of H II regions in 125 galaxies". Astrophysical Journal 88: 296–328. Bibcode:1983AJ.....88..296H. doi:10.1086/113318. 
  20. "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for extended name search on Centaurus A. Consultado o 07-03-2007. 
  21. R. Evans, R. H. McNaught, C. Humphries (1986). "Supernova 1986G in NGC 5128". Circular da UAI 4208: 1. Bibcode:1986IAUC.4208....1E. 
  22. 22,0 22,1 M. M. Phillips, A. C. Phillips, S. R. Heathcote, V. M. Blanco, D. Geisler, D. Hamilton, N. B. Suntzeff, F. J. Jablonski, J. E. Steiner, A. P. Cowley, P. Schmidtke, S. Wyckoff, J. B. Hutchings, J. Tonry, M. A. Strauss, J. R. Thorstensen, W. Honey, J. Maza, M. T. Ruiz, A. U. Landolt, A. Uomoto, R. M. Rich, J. E. Grindlay, H. Cohn, H. A. Smith, J. H. Lutz, R. J. Lavery, A. Saha (1987). "The type 1a supernova 1986G in NGC 5128 – Optical photometry and spectra". Publications of the Astronomical Society of the Pacific 99: 592–605. Bibcode:1987PASP...99..592P. doi:10.1086/132020. 
  23. 23,0 23,1 Rejkuba, M. (2004). "The distance to the giant elliptical galaxy NGC 5128". Astronomy and Astrophysics 413 (3): 903. Bibcode:2004A&A...413..903R. arXiv:astro-ph/0310639. doi:10.1051/0004-6361:20034031. 
  24. Majaess, D.; Turner, D.; Lane, D. (2009). "Type II Cepheids as Extragalactic Distance Candles". Acta Astronomica 59: 403. Bibcode:2009AcA....59..403M. arXiv:0909.0181. 
  25. I. D. Karachentsev, M. E. Sharina, A. E. Dolphin, E. K. Grebel, D. Geisler, P. Guhathakurta, P. W. Hodge, V. E. Karachetseva, A. Sarajedini, P. Seitzer (2002). "New distances to galaxies in the Centaurus A group". Astronomy and Astrophysics 385 (1): 21–31. Bibcode:2002A&A...385...21K. doi:10.1051/0004-6361:20020042. 
  26. R. B. Tully (1988). Cambridge University Press, ed. Nearby Galaxies Catalog. Cambridge. ISBN 0-521-35299-1. 
  27. P. Fouque, E. Gourgoulhon, P. Chamaraux, G. Paturel (1992). "Groups of galaxies within 80 Mpc. II – The catalogue of groups and group members". Astronomy and Astrophysics Supplement 93: 211–233. Bibcode:1992A&AS...93..211F. 
  28. A. Garcia (1993). "General study of group membership. II – Determination of nearby groups". Astronomy and Astrophysics Supplement 100: 47–90. Bibcode:1993A&AS..100...47G. 
  29. I. D. Karachentsev (2005). "The Local Group and Other Neighboring Galaxy Groups". Astronomical Journal 129 (1): 178–188. Bibcode:2005AJ....129..178K. arXiv:astro-ph/0410065. doi:10.1086/426368. 
  30. http://astronomy-mall.com/Adventures.In.Deep.Space/aintno.htm
  31. NASA (ed.). "Firestorm of Star Birth in Galaxy Centaurus A". Consultado o 27-09-2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • Messier 87unha galaxia xigante elíptica que é tamén unha potente fonte de radio
  • NGC 1316unha galaxia lenticular que é tamén unha potente fonte de radio

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]