Telescopio Espacial Spitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Telescopio Espacial Spitzer / Space Infrared Telescope Facility / SIRTF
SIRTF ir 1.jpg
Representación artística de Spitzer
TipoObservatorio espacial
FabricanteLockheed Martin, Ball Aerospace
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de agosto de 2003, 5:35 GMT[1][2][3]
Foguete portadorDelta 7920H[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[2][5]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas no infravermello[2][5]
NSSDC ID2003-038A
Masa923 kg[2][4][5]
Dimensións4,45 m de altura por 2,11 m de diámetro[5]

O telescopio espacial Spitzer, anteriormente coñecido como Space Infrared Telescope Facility e o seu acrónimo SIRTF, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de agosto de 2003 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][4]

Características[editar | editar a fonte]

O telescopio Spitzer pertence ao Programa de Grandes Observatorios da NASA xunto co telescopio espacial Hubble, o telescopio espacial Chandra de raios X e o desaparecido observatorio espacial Compton de raios gamma.[2][3][4]

Spitzer ten unha apertura de 0,85 m de diámetro e tres instrumentos arrefriados crioxenicamente con helio líquido para facer observacións no rango de lonxitudes de onda do infravermello, en concreto entre 3 e 180 micrómetros. O observatorio está estabilizado nos tres eixos e emprega un sistema de apuntado inercial celeste. Consta dun bus octogonal e un panel solar que protexe o tubo do telescopio, que é de tipo Ritchey-Chrétien. O observatorio ten un tamaño total de 4,45 m de alto e 2,11 m de diámetro. Está nunha órbita solar de tal modo que segue á Terra na súa órbita.[2][3][4]

O rango infravermello no que traballa Spitzer é adecuado para o estudo das propiedades físicas dos obxectos do Sistema Solar, das nubes de po circumstelares, para a busca de ananas marróns, o estudo infravermello de galaxias e para facer medicións de cuásares. Spitzer estendeu ademais os estudos do observatorio espacial IRAS relativos a estrelas en formación.[2][3][4]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Spitzer leva tres instrumentos a bordo:[2][3][4]

  • Unha cámara infravermella de catro canais (3,6, 4,5, 5,8 e 8 micrómetros).
  • Un fotómetro con tres detectores para 24, 70 e 160 micrómetros, un dos cales ademais pode tomar espectros nun rango de entre 50 e 100 micrómetros.
  • Un espectrógrafo capaz de facer espectroscopía de alta e baixa resolución a lonxitudes de onda de entre 5 e 40 micrómetros.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SIRTF" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 NASA (21 de marzo de 2017). "Spitzer Space Telescope" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Notes verbales dated 13 and 17 November 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (03-89777 (E)). 18 de novembro de 2003: 4. Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "SIRTF (Spitzer, SST)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2017). "SIRTF" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2017.