Cemiterio paleocristiano de Tarragona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Cemiterio paleocristiano
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
TipoCultural
CriteriosII, III
Inscrición2000
Rexión da UNESCOEuropa e
América do Norte
Identificador875rev

O cemiterio paleocristiano de Tarragona é un conxunto funerario de época tardorromana de mediados do século III situado fóra do casco urbano, cerca do río Francolí, que perdurou ata o século V. É o cemiterio paleocristiano máis importante do Mediterráneo Occidental. É un dos sitios Patrimonio da Humanidade denominado Conxunto arqueolóxico de Tarraco, en concreto identificado co código 875-008.

O cemiterio de Tarraco xurdiu en torno a unha basílica martirial dedicada a San Fructuoso e aos seus dous diáconos. A basílica documentada, constaba de tres naves e cabeceira con ábsida exterior. Posteriormente engadíronse algunhas cámaras funerarias e un baptisterio. Os restos desta basílica desapareceron para deixar paso á construción da «Fábrica de Tabacos de Tarragona» durante a primeira metade do século XX.

A tipoloxía dos sepulcros é moi variada e vai desde enterros simples con ánfora ou teza (tegulae) ata os mausoleos, pasando por unha gran diversidade de sarcófagos, algúns de procedencia norteafricana, ou en ataúdes de madeira. Unha peza que hai que significar é a boneca de marfil, datada do século IV, que apareceu dentro dun sarcófago cos restos dunha nena duns seis anos. Mide 23 cm de altura e está articulada polos ombreiros, cóbados, cadeiras e xeonllos. Todo iso permite penetrar na esencia da sociedade cristiá de Tarraco.

Notas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]