A Xanela do Maxín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Xanela do Maxín
Tipocompañía de teatro
Data de fundación2007
Fundador(es)Celtia Figueiras
SedeBrión
PaísGalicia
Na rede
https://axaneladomaxin.com/
Facebook: axaneladomaxin Instagram: axaneladomaxin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Xanela do Maxín é unha compañía de teatro de obxectos, monicreques e formas animadas, con sede en Brión, dirixida por Celtia Figueiras. Fundouse en 2007[1][2] en Esteiro (Muros).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Figuras da obra Chincha rabincha.

Iniciou o seu periplo profesional cunha primeira montaxe escénica titulada Chincha rabincha. Dende os seus inicios, a creación artística da Xanela do Maxín caracterízase pola fusión de diferentes disciplinas artísticas, como o teatro de monicreques, o teatro de actor/actriz, o teatro visual ou de obxectos, así como o uso de efectos lumínicos e escenográficos, o espazo sonoro coa música ao vivo. Esta pluridimensionalidade nas súas producións abarca diversas formas de expresión, o que levou a compañía a contar con profesionais especializados en cada un destes ámbitos ao longo dos anos.

A compañía enfócase principalmente á creación de espectáculos interdisciplinares dirixidos ao público infantil e familiar. Outra vertente da súa actividade artística é a produción audiovisual, levando a cabo proxectos como Os Toupiconsellos no ano 2020 ou Toupiciencia, no 2021.[3] Textos teatrais da compañía como U-la lúa?,[4] O Apalpador e a nena sen medo ou A viaxe de Saira foron adaptados a formato libro a través do selo Guindastre Edicións.[5]

Montaxes teatrais[editar | editar a fonte]

  • Chincha rabincha (2007)
  • En busca da arte (2008)
  • Os libros do titiriteiro (2009)
  • A caixa de Nuk (2009)
  • A pequena Lúa (2009)
  • O rei destronado (2010)
  • Titeremusicontos (2010)
  • O murmurio do mar (2013)
  • A paz no peto (2013)
  • Só lles falta falar (2014)
  • Dondo (2014)
  • A obra de Castelao en teatro de sombras (2016)
  • Visita teatralizada Camilo José Cela (2016)
  • As aventuras de Gale (2017)
  • U-la Lúa? (2017)
  • Gale, a historia da lingua (2018)
  • O apalpador e a nena sen medo (2018)
  • A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza (2019)[6]
  • Apalpador 3.0 (2019)
  • U-la Lúa? na escola (2019)
  • A viaxe de Saira (2020)
  • A gárgola do mestre Mateo (2021)
  • Saira 3.0 (2021)
  • Leonardo e os biosbardos (2021)
  • Toupiciencia Show (2022)
  • Lúa quere viaxar a... Marte! (2022)
  • Coliño (2023)
  • Sorpresa! (2023)
  • Supercoroza. Na eira e na lareira (2023)
  • O apalpador e as palabras perdidas (2023)

Producións audiovisuais[editar | editar a fonte]

  • Os toupiconsellos (2020)
  • Toupiciencia (2021)[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Xanela do Maxín - Unima Federación España" (en castelán). Consultado o 2023-08-02. 
  2. "A Xanela do Maxín". escenagalega.gal. Consultado o 2 de agosto de 2023. 
  3. 3,0 3,1 "Toupiciencia. A xanela do maxín - O Portal da Lingua Galega". www.lingua.gal. Consultado o 2023-08-02. 
  4. "U-la Lúa". www.guindaste.gal. Consultado o 2 de agosto de 2023. 
  5. asociacionescritoras-es (2018-12-19). "Nace o selo Guindastre Edicións de álbum ilustrado e audio-libros para cativos | ::Axenda cultural AELG::". Consultado o 2023-08-02. 
  6. "A toupiña que quería saber… A Xanela do Maxín". vigoplan.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2023. Consultado o 2 de agosto de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]