Guindastre Edicións[1] é un selo editorial galego fundado en 2018. A actriz, dramaturga, contadora e produtora teatral Celtia Figueiras é a súa directora e nace no seo da súa compañía, A Xanela do Maxín.
Guindastre Edicións botou a andar en outono de 2018[2] coa publicación dun primeiro título U-la Lúa? e con sede social no concello de Brión. O seu catálogo está conformado por álbums e audios libros que combinan o carácter artístico con fins educativos. O selo edita na colección A Xanela do Maxín os textos dos espectáculos desta compañía.