Ceftizoxima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ceftizoxima é un antibiótico beta-lactámico pertencente á terceira xeración de cefalosporinas. Foi comercializado baixo o nome de Cefizox pero xa está discontinuada de moitos mercados, incluíndo o estadounidense[1].

Espectro de acción[editar | editar a fonte]

Ceftizoxima posúe un espectro semellante a outras cefalosporinas da mesma xeración, coma cefotaxima. Ten actividade fronte diversos microorganismos:

Bacterias grampositivas

Bacterias gramnegativas

Non obstante, os Enterococcus spp, Listeria monocytogenes e Pseudomonas aeruginosa son resistentes[2].

Indicacións clínicas[editar | editar a fonte]

Ceftizoxima foi aprobado pola FDA para infección respiratoria, infección urinaria, gonorrea, infección abdominal, infección de pel e partes brandas, meninxite por Neisseria meningitidis e infección ósea[3].

Embarazo e lactación[editar | editar a fonte]

Ceftizoxima non demostrou danos fetais en animais, mais non se experimentou en humanos. Excrétase en pequenas cantidades no leite materno[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha técnica de ceftizoxima da FDA" (en inglés). Consultado o 20 setembro 2018. 
  2. K P Fu (Abril 1980). "Antibacterial activity of ceftizoxime, a beta-lactamase-stable cephalosporin.". Antimicrob Agents Chemother. (en inglés). 
  3. "Johns Hopkins ABX Guide , Ceftizoxima" (en inglés). Consultado o 20 setembro 2018. 
  4. "Ficha de ceftizoxima en Drugs" (en inglés). Consultado o 20 setembro 2018.