Saltar ao contido

Cefoxitina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cefoxitina
Identificadores
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Cefoxitina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á segunda xeración de cefalosporinas[1].

Espectro de acción

[editar | editar a fonte]

Cefoxitina é activa fronte a bacterias grampositivas (Staphylococcus aureus, Staphylococcus epidermidis, Streptococcus agalactiae, Streptococcus pneumoniae, Streptococcus pyogenes), agás Enterococcus, aínda que cun menor índice de actividade ca cefazolina. Ten actividade fronte a Clostridium (agás Clostridium difficile), Neisseria e algunhas enterobacterias (Escherichia coli, Klebsiella e Proteus mirabilis). Tamén ten certa eficacia fronte algúns microorganismos anaerobios: Fusobacterium e Bacteroides. Algunhas especies de Bacteroides fragilis poden ser resistentes a cefoxitina.

Dosificación

[editar | editar a fonte]

A dose estándar é de 1 ou 2 gramos cada 6 u 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado menor de 30). Está incluído na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo[2].

  1. Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155. 
  2. "Ficha técnica de "cefoxitina" da FDA" (PDF). Consultado o 11 setembro 2018. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.