Cefazolina
Aparencia
| Cefazolina | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| C₁₄H₁₄N₈O₄S₃ | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
A cefazolina é un antibiótico beta-lactámico pertencente á primeira xeración de cefalosporinas[1].
É activa fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus e Clostridium, agás Clostridium difficile. Posúe ademais actividade fronte a Neisseria, Escherichia coli, Klebsiella, Proteus mirabilis e algúns bacilos gramnegativos anaerobios (Fusobacterium e Bacteroides, agás Bacteroides fragilis).
Dosificación
[editar | editar a fonte]A dose habitual é de 1 ou 2 gramos cada 8 horas por vía parenteral. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficencia renal con filtrado menor de 50. Está situado na categoría B da FDA de emprego de fármacos durante o embarazo[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Josep Mensa Pueyo (2015). Guía de terapéutica antimicrobiana (en castelán). ISBN 9788488825155.
- ↑ "Ficha técnica de "cefazolina" da FDA" (PDF). Consultado o 11 de setembro de 2018.
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |