Cefoideos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cedoideos
Cephoidea

Hartigia linearis
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Symphyta
Superfamilia: Cephoidea
Newman, 1835
Familia: Cephidae
Newman, 1835
Xéneros
Véxase o texto

A dos cefoideos (Cephoidea) é unha pequena superfamilia de insectos himenópteros pertencente á suborde dos sínfitos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

Tanto a superfamilia como a familia foron descritas e 1835 polo entomólogo, botánico e escritor inglés Edward Newman.[2][3]

Etimoloxías[editar | editar a fonte]

Os nomes científicos da superfamilia e da familia están formados ambos os dous sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Cephus, coa adición dos sufixos -oidea e -ĭdae, propios son nomes da superfamilias e as familias de animais respectivamente.

Clasificación[editar | editar a fonte]

A superfamilia na actualidade (2021) comprende unicamente unha familia con especies viventes, a dos céfidos (Cephidae),[1] pero coñécese tamén unha familia fósil, a dos sepúlcidos (Sepulcidae),[2] cada unha delas con algo máis de 25 xéneros.[4] [5]

Xéneros[editar | editar a fonte]

A familia dos céfidos conta con seguintes xéneros:[6]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

A maioría das especies encóntranse no hemisferio norte, especialmente en Eurasia.

Características[editar | editar a fonte]

Son excepcionalmente esveltos comparados con outros sínfitos, e a miúdo parécense a outros tipos de avespas. Son os únicos sínfitos que carecen do ovipositor recto, que posúen o resto das especies do grupo.

As larvas perforan os caules de varias plantas, especialmente de gramíneas, pero tamén doutras plantas herbáceas, arbustos e árbores. Unhas poucas especies son pragas de cereais (por exemplo Cephus cinctus, que ataca ao trigo).

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cephoidea no ITIS. Consultado o 7 de xuño de 2021.
  2. 2,0 2,1 Superfamily Cephoidea Newman 1835 Arquivado 07 de xuño de 2021 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  3. Family Cephidae Newman 1835 Arquivado 07 de xuño de 2021 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  4. Kopylov, D. S.; Rasnitsyn, A. P. (2016). "Cephidae (Hymenoptera) of the Mesozoic". Euroasian Entomological Journal 15 (1): 78–83. 
  5. Kopylov, D. S.; Rasnitsyn, A. P. (2014). "New Trematothoracinae (Hymenoptera: Sepulcidae) from the Lower Cretaceous of Transbaikalia". Proceedings of the Russian Entomological Society 85 (1): 199–206. 
  6. Cephidae no GBIF.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]