Cavafe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cavafe
Información persoal
Nome Carlos Alberto Vázquez Fernández
Nacemento 25 de abril de 1999
Lugar de nacemento A Habana
Altura 1,85 m.
Posición Defensa
Información de club
Club actual Dornbirn
Número 3
Carreira xuvenil
Valdemorillo
2010–2013 Canillas
2013 San Fernando
2013–2018 Atlético de Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2018–2019 San Fernando 16 (0)
2019–2020 Alcorcón B 26 (0)
2020–2021 Alcorcón 0 (0)
2020 Unionistas 5 (1)
2021 Navalcarnero 4 (0)
2021–2022 Bergantiños 11 (0)
2022 Tudelano 17 (0)
2022– Dornbirn 42 (2)
Selección nacional
2021– Cuba 22 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.
Selección: actualizado a 5 de xaneiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Carlos Alberto Vázquez Fernández, coñecido como Cavafe, nado o 25 de abril de 1999, é un futbolista cubano que xoga como defensa central no Dornbirn da 2. Liga de Austria e na selección cubana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na Habana, aos 3 anos trasladouse a Madrid coa súa familia.[1] Xogou nas categorías inferiores do CD Valdemorillo, o CD Canillas, o CD San Fernando de Henares e o Atlético de Madrid. Tras rematar a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2018 regresou ao San Fernando.[2]

Debutou na Tercera División o 26 de agosto de 2018, nunha derrota por 1-2 contra o Rayo Vallecano B. O 1 de febreiro seguinte fichou polo Alcorcón, sendo inicialmente asignado ao filial, tamén de Terceira.[3]

Debutou co primeiro equipo do Alcorcón o 17 de decembro de 2019, nun partido da Copa do Rei contra o CP Cacereño.[4] En xaneiro saíu cedido ao Unionistas de Salamanca, da Segunda División B.[5] Na tempada 2020/21 non contou con minutos no Alcorcón, adestrado por Juan Antonio Anquela, e en xaneiro volveu saír cedido, esta vez ao Navalcarnero.[6]

Desvencellado do Alcorcón, en agosto de 2021 fichou polo Bergantiños, da Segunda RFEF.[7] Disputou 13 encontros co club de Carballo, pero só 5 deles como titular. Descontento coa súa pouca participación, deixou o club en xaneiro de 2022, fichando polo Tudelano, último clasificado da Primeira RFEF.[8] Xogou só seis meses no club navarro, fichando en xuño polo Dornbirn da 2. Liga de Austria.[9]

Selección cubana[editar | editar a fonte]

En marzo de 2021 entrou na histórica convocatoria para a selección cubana que incluía por primeira vez xogadores de clubs estranxeiros.[10][11] O 25 de marzo de 2021 debutou coa selección nunha derrota por 0-1 ante Guatemala.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Crespo, Pedro (2 de abril de 2020). "Cavafe: «Los mejores deben ir a la Selección sin importar dónde jueguen»" (en castelán). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  2. "El joven zaguero hispano-cubano Carlos Vázquez jugará en el C.D. San Fernando en la temporada 2018/19" (en castelán). 23 de agosto de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  3. "El Alcorcón B cierra la plantilla con cinco incorporaciones más" (en castelán). 1 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  4. "El Cacereño hace historia en su Centenario cargándose al Alcorcón". Marca (en castelán). 17 de decembro de 2019. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  5. "Unionistas de Salamanca se hace con el fichaje de Carlos Fernández 'Cavafe'" (en castelán). 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  6. "El central cubano Cavafe se marcha cedido al Navalcarnero". La Vanguardia (en castelán). 4 de xaneiro de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  7. "El Bergantiños ficha a Cavafe" (en castelán). 27 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2022. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  8. García, Rubén (20 de xaneiro de 2022). "Carlos Alberto Vázquez ‘Cavafe’: “En el Bergan no tenía la participación que yo quería”". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 1 de febreiro de 2022. 
  9. "Neuer Verteidiger für die Rothosen!" (en alemán). 20 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2022. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  10. "Onel Hernandez included in Cuba’s landmark international team" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  11. "Tres tuneros en histórica convocatoria de la Selección Nacional de Fútbol" (en castelán). 9 de marzo de 2021. Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 
  12. "Guatemala vs. Cuba 1 - 0". soccerway.com (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]