Saltar ao contido

Causa limeña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Causa limeña

A causa limeña, causa á limeña ou simplemente causa, é un prato típico da gastronomía do Perú, de orixes precolombinas.[1] Trátase dun entrante de puré de patacas mesturado con condimentos, millo e carne branca (pito ou peixe, quizais marisco ). Sérvese frío e cun lixeiro baño de maionesa.

Este prato existe desde o Vicerreinado e o seu nome vén do quechua Kausay que significa "mantemento necesario" e "alimento", ou "o que alimenta",[2] como se chamaba tamén á papa. Os incas preparábano amasando pataca amarela e ají, unha especie de chile picante autóctono.

Hai outras hipóteses da orixe colonial sobre o nome que, aínda que este prato netamente de Lima xa existía desde o Vicerreinado, non tiña unha denominación específica senón que se orixinou coa chegada do liberador José de San Martín, de tal xeito que, para sufragar os gastos da campaña militar, comezou a ser vendido nas esquinas das rúas de Lima para apoiar "a causa" da independencia; é neste contexto no que o prato gañou o nome de "causa".[3] Así se volveu facer durante a Guerra do Pacífico, que enfrontou nun conflito bélico ao Perú e Bolivia contra Chile e, de novo, coa venda das racións deste prato se intentou recada-los cartos para o exército.[4]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Este prato elabórase tradicionalmente sobre a base de papa amarela, limón, chile, ovo cocido e olivas negras,[5] ingredientes aos que, posteriormente, se lles engadiu a palta para o recheo e a leituga para a decoración. Esta preparación admite diversas variantes, como causa rechea de atún, de troita,[6] de pito, de mariscos ou outras variedades de carnes brancas. Sérvese cun lixeiro baño de maionesa. Ademais de papa amarela, a masa da causa pode ser elaborada con pallares verdes ou iuca amarela.[7]
Mentres que en Lima se denomina «causa» a este prato, en Trujillo emprégase para nomear a calquera prato picante,​ aínda que tamén se elabore a causa limeña nesta cidade e compita en calidade. Segundo o tradicionalista Ricardo Palma:

Chiclayo para el arroz con pato; Trujillo para la causa, y Lima para los tamales.[8]
  1. Fetzer (2004), p. 37
  2. Tam Fox (2010), p. 91
  3. Moreira, Marta (24-3-2017). "Todo sobre la causa limeña, el plato de la revolución nacional peruana que nos vuelve locos". valenciaplaza.com (en castelán). Consultado o 28-11-2019. 
  4. Gamonal, Geraldine (26-7-2017). "Causa con sabor a Perú". larepublica.pe (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019. 
  5. Carrillo, Enrique (1905). Cartas de un turista. Lima: Imprenta La Industria. «justo es decir, sin embargo, que algunos de ellos tienen grato sabor y atractivo aspecto; y que una causa amarilla y jugosa rodeada de negras aceitunas y menudas tajadas de huevo duro y coronada por un hermoso ají rojo, es un manjar exquisito y que grita: comedme».
  6. Hinostroza (2006), p. 148
  7. Acurio (2008), p. 84
  8. Palma, Ricardo (2005). Epistolario general. Vol. VIII. (p. 223). Universidad Ricardo Palma, Editorial Universitaria. ISBN 9789972885938

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Acurio, Gastón (2008). Larousse de la gastronomía peruana: diccionario gatronómico ilustrado (en castelán). Lima: Q.W. Editores. ISBN 9789972589379. 
  • Fetzer, Erika (2004). Sabores del Perú. La cocina peruana desde los incas hasta nuestros días (en castelán). Barcelona: Viena Ediciones. ISBN 84-8330-249-7. 
  • Hinostroza, Rodolfo (2006). Primicias de cocina peruana (en castelán). León (España): Everest. ISBN 84-241-1480-9. 
  • Tam Fox, Aída (2010). Vocabulario de la cocina limeña: historia y tradición (en castelán). Lima: Casa del Libro Viejo. ISBN 9786124533662.