Expulsión dos mouriscos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Embarque de moriscos no Grao de Valencia, pintado en 1616 por Pere Oromig.

A expulsión dos mouriscos da Monarquía Hispánica foi ordenada polo rei Filipe III e foi levada a cabo de forma graduada entre 1609 e 1613. Os primeiros moriscos expulsados foron os do Reino de Valencia (o decreto fíxose público o 22 de setembro de 1609), ós que seguiron os de Andalucía (10 de xaneiro de 1610), Estremadura e as dúas Castelas (10 de xullo de 1610), a Coroa de Castela, e os da Coroa de Aragón (29 de maio de 1610). Os últimos expulsados foron os do Reino de Murcia, primeiro os de orixe granadina (8 de outubro de 1610), e máis tarde os do Valle de Ricote e o resto de mouriscos antigos (outubro de 1613). Trala promulgación dos decretos de expulsión, celebrouse o 25 de marzo de 1611 en Madrid unha procesión de acción de grazas «á que asistiu S. M. vestido de branco, moi galán», segundo relatou un cronista. En total foron expulsadas unhas 300 000 persoas, a maioría delas dos reinos de Valencia e de Aragón que foron os máis afectados, xa que perderon un terzo e un sexto da súa poboación, respectivamente.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A poboación mourisca consistía nunhas 325 000 persoas nun país duns 8,5 millóns de habitantes. Estaban concentrados nos reinos de Aragón, no que constituían un 30% da poboación, e de Valencia, onde representaban un 33% do total de habitantes, mentres que en Castela estaban máis dispersos, chegando nalgúns casos, aínda que excepcionais, a concentrarse en torno ó cincuenta por cento da poboación, como en Villarrubia de los Ojos, segundo investigou Trevor J. Dadson; neste exemplo concreto, o exercicio efectivo da desobediencia civil impediu o seu desarraigamento.[1] A isto hai que engadir a crenza xeral da época, que o hispanista holandés Govert Westerveld demostrou ser falsa mediante árbores xenealóxicas, de que o crecemento da poboación mourisca era bastante superior ó da "cristiá vella". As terras ricas e os centros urbanos deses reinos eran maiormente cristiáns vellos, mentres que os mouriscos ocupaban a maior parte das terras pobres e concentrábanse nos suburbios das cidades, dedicados ás únicas tarefas que as leis lles deixaban practicar: a albanelaría, a agricultura, a medicina e algunhas pólas da artesanía, xa que os gremios cristiáns foron estritamente exclusores dos moriscos.

En Castela a situación era moi distinta: dunha poboación de seis millóns de persoas, entre os mouriscos sumaban uns 100 000 habitantes. Debido a esta porcentaxe moita menor de poboación mourisca, posiblemente o resentimento por parte dos cristiáns vellos cara ós moriscos fose menor que na coroa de Aragón.

Un gran número de eclesiásticos apoiaban a opción de dar tempo, unha opción en parte apoiada por Roma, pois consideraban que unha total conversión requiría dunha prolongada asimilación nas crenzas e sociedade cristiás. A nobreza aragonesa e valenciana era partidaria de deixar as cousas como estaban, pois estes eran os grupos que máis se beneficiaban da man de obra mourisca nas súas terras. Porén, o campesiñado víaos con resentimento e considerábaos rivais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Los moriscos de Villarubia de los Ojos (siglos xv-xviii). Historia de una minoría asimilada, expulsada y reintegrada. Iberoamericana–Vervuert. En los casos en que se igualaba el límite del cincuenta por ciento fue prácticamente imposible expulsarlos, ya que se hallaban bien integrados con la masa de población cristiana en forma de matrimonios mixtos que acogían a ancianos y enfermos y propiciaban su regreso para que se volvieran a instalar. Hasta tres veces se los expulsó de Villarrubia y siempre regresaron: primero a Francia, después a Marruecos y luego en persona por el propio Conde de Salazar, quien ya no se fiaba ni de sus propios servidores, pero siempre volvieron, incluso a pie, y el pueblo los acogía.