Saltar ao contido

Castelanismos fonéticos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Como castelanismo fonético defínese a influencia do español sobre outra lingua no eido da fonética, é dicir, na articulación de sons.

Castelanismos fonéticos no galego

[editar | editar a fonte]

Os castelanismos, como calquera outro empréstito, pode ser aceptado pola norma da lingua ou rexeitado. Dado que a norma escrita non comenta apenas nada sobre a correcta pronuncia dos sons do galego, non se pode dicir que os castelanismos fonéticos sexan incorreccións contra a norma, aínda que si contra o estándar.

Enuméranse a continuación algúns exemplos de castelanismos fonéticos que se poden atopar no galego:

Consonánticos

[editar | editar a fonte]
  1. Pronunciar o "xe" (ʃ) coma o "s" apicoalveolar. Este fenómeno pode considerarse castelanismo na maior parte do territorio galego, se ben hai zonas específicas da área occidental onde existen modelos de seseo, en que esa realización apicoalveolar pode ser o estándar patrimonial.
  2. Alveolarización da nasal velar: *una no canto de unha.

Vocálicos

[editar | editar a fonte]
  1. Alteracións dos timbres, suprimindo a oposición entre vogais abertas (o e e) e vogais pechadas (o, u, i e e), e optando por unha realización común medial. Isto pode suceder en posición tónica e átona.
  2. Alteración da pronuncia do "-a" final (a polítika no canto de ɘ pulítekɘ).
  3. Monotongación de ditongos (otro en vez de outro).

Prosódicos

[editar | editar a fonte]
  1. Empregar a entoación castelá, con final elevado.
  2. Apoiar as palabras átonas sobre o acento posterior, fronte ao modelo tradicional de apoialas sobre o anterior.