Saltar ao contido

Tónica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo a luz ultravioleta, a quinina na auga tónica faise fluorescente, malia que está presente nunha concentración desprezable

A tónica (ou auga tónica, auga tónica india) é unha bebida carbonatada, na que se disolve quinina. Orixinalmente utilizada como un profiláctico contra a malaria, actualmente a tónica ten un contido en quinina significativamente menor e consómese polo seu distintivo sabor amargo. A miúdo utilízase en cócteles, en particular en Gin Tonic.

A bebida obtivo o seu nome dos efectos medicinais do seu amargo aromatizante. A quinina engadiuse á bebida como un profiláctico contra a malaria, xa que en orixe estaba pensada para o consumo nas zonas tropicais do Sur de Asia e África, onde esta enfermidade é endémica. O gin tonic orixinouse na India colonial británica, onde a poboación británica mesturou o seu tónico medicinal de quinina con xenebra para mellorar o seu sabor amargo.

Desde 2005, as marcas premium de tónica incrementáronse no mercado, tales como Fever Tree e Q Tonic. Estas marcas poñen énfase no uso de quinina real e edulcorantes naturais, en oposición ao aromatizante de quinina e ao alto contido de frutosa de xarope de millo.[1] Estas marcas adoitanse vender a un prezo máis elevado.

Contido de quinina

[editar | editar a fonte]

A auga tónica medicinal en orixe contiña só auga carbonatada e unha gran cantidade de quinina. Pero, hoxe en día a maioría das tónicas conteñen unha cantidade menos importante de quinina, empregándose principalmente polo seu sabor. Como consecuencia, é menos amarga, e habitualmente tamén é adozada, a miúdo con xarope de millo ou azucre. Algúns fabricantes tamén producen tónica light (ou de dieta), que pode conter edulcorantes artificiais. A tónica de estilo tradicional cun pouco máis de quinina e auga carbonatada é menos común, pero pode ser preferida por aqueles que desexan o sabor amargo.

A tónica utilízase a miúdo como unha mestura para cócteles, sobre todo os elaborados con xenebra ou vodka (por exemplo, un Gin Tonic). A tónica con sabor engadido de limón ou lima e un refresco máis popular en Europa que nos Estados Unidos.

Fluorescencia

[editar | editar a fonte]

A tónica é fluorescente baixo a luz ultravioleta (UV), debido á presenza da quinina. De feito, a sensibilidade aos raios UV da quinina é tal que aparecerá visiblemente fluorescente baixo a luz solar directa.

  1. Premium cocktail mixers stirring interest. "Associated Press" via "The Seattle Times" 12th July 2010 retrieved from:http://seattletimes.nwsource.com/html/businesstechnology/2012338227_apusfeafoodchiccocktails.html

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]