Fotografía de portada dun número de Cartel, nela aparecen Franco, Mola e Cavalcanti en Burgos en agosto de 1936. Mola e Cavalcanti xa finaran no momento da publicación, en 1937.[1]
Subtitulada Panorama mensual de literatura y arte e despois Revista literaria informativa, apareceu en xaneiro de 1937. Segundo o seu editorial aspiraba "a ser revista del hogar español" e "sus postulados esenciales son Patria, Religión y Familia.[2] Estaba dirixida por Antonio Otero Coira. A portada do primeiro número era unha fotografía de Francisco Franco,[3] e a do número 4 un retrato ao óleo do xeneral Antonio Aranda Mata.[4] Tiña fotograbados en cor.[5] Entre os seus colaboradores figuraron Ksado, Julio Sigüenza, Salvador Pérez-Labarta Pillado, César González Ruano, José Sanz Díaz, José María Pemán, Jesús María de Arozamena, Carlos Areán Estévez, Jeromy Barry, Sofía Casanova e Mario Figorela Díaz.[6] En xullo publicou un número extraordinario con motivo do aniversario da morte de José Calvo Sotelo.[7]
En 1945 apareceu Cartel, que pode considerarse como a súa continuación.