Saltar ao contido

Carpintaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carpintería»)
Carpinteiros traballando.

A carpintaría[1] ou carpintería[2] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[3] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[4] Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.[5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".[6]

Carpintaría en Galicia

[editar | editar a fonte]
Carpinteiros de baloira armando un teito (Alemaña, 1992)

Xaquín Lorenzo recolle diferentes tipos de carpinteiros na cultura popular galega[7]:

  • Carpinteiro de taller: artesán que traballa nun obradoiro, que normalmente está na súa propia vivenda.
  • Carpinteiro de armar: aquel que se adica a montar as armazóns do teito, botar os pisos de madeira de corredores e sobrados. Tamén coñecidos como carpinteiros de baloira[8]
  • Ebanista: o que, mediante técnicas máis finas, labra a madeira para facer mobles. En Galicia, usando máis comunmente, madeira de nogueira e castiñeiro.
  • Carpinteiro de ribeira: traballa na construción e conservación de barcos de madeira.
  • Os que estaban especializados na elaboración dun útil como, por exemplo[9]: o fragueiro (carros), rodeiro (rodas), xugueiro (xugo), torneiro (madeira torneada), cubeiro (bocois).

Refraneiro[10]:

[editar | editar a fonte]
  • Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro.
  • Na casa do ferreiro coitelo de pau e na do carpinteiro a porta no chau.
  • Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro, e filla de taberneiro non as queiras por ningún diñeiro.
  • Na casa do carpinteiro a porta no chau.
  • Na casa do carpinteiro sentarse no chau.

Cantigueiro:

[editar | editar a fonte]
  • Aprendin á carpinteiro/ n'a vila de Guimaráns./ Fago cangallas pra os pòrcos/ e tarambollos para os cans[8].
  • Non te cases cun ferreiro/ que o pican as moxicas;/ cásate cun carpinteiro/ que fai as arcas bonitas[11]
Carpinteiros en Bnei Brak (Israel) na década de 1920

Hoxe en día, en Galicia existen diferentes estudos de ciclos de Formación Profesional que permiten aprender e capacitarse como carpinteiro ou carpinteiro de ribeira con altas taxas de incorporación laboral:[12][13][14][15]

  • Ciclo formativo de grao básico de carpintaría e moble.
  • Ciclo formativo de grao básico de mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.
  • Ciclo formativo de grao medio de mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo.
  • Ciclo formativo de grao medio de carpintaría e moble.
  • Ciclo formativo de grao medio de instalación e amoblamento.
  • Ciclo formativo de grao superior de deseño e amoblamento.

Instrumental

[editar | editar a fonte]
Ferramentas: trenchas (parte inferior), garlopas e garlopíns (parte superior dereita), trade (parte superior esquerda)

Algunhas das ferramentas empregadas na carpintaría son: a machada, a aixola, o banco de carpinteiro, serra, serrón, garlopa e garlopín, lapis de carpinteiro, cepillo, mazo, martelo, trade, trencha, alicate, tenaces ou desaparafusador, por citar algún exemplos.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpintaría.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpintería.
  3. Roza, Greg. A career as a carpenter. New York: Rosen Pub., 2011. 6. Print.
  4. "Evidence From Census 2000 About Earnings by Detailed Occupation for Men and Women. Census 2000 Special Reports, May 2004." (PDF). Consultado o 2/9/2006. 
  5. "Menos del 5% del alumnado de las FP con más empleo son mujeres". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-04-06. 
  6. "The American heritage dictionary of the English language". Arquivado dende o orixinal o 07/06/2007. Consultado o 6/6/2017. 
  7. Lorenzo, Xaquín (1962). Historia de Galiza (Tomo II). Nós. 
  8. 8,0 8,1 "Dicionario de dicionarios". sli.uvigo.es. Consultado o 2021-04-06. 
  9. "Exposición permanente: Carpinteiros". Museo do Pobo Galego. Arquivado dende o orixinal o 27-11-2019. Consultado o 6-4-2021. 
  10. Taboada Chívite, Xesús (2000). Refraneiro Galego. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. 
  11. Fraguas Fraguas, Antón (1984). Galicia eterna. 2: antropoloxía. Ediciones Nauta. ISBN 84-278-0905-0. 
  12. "2020-21 Formación Profesional: familia profesional de madeira, moble e cortiza". Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Consultado o 6-4-2021. 
  13. "2020-21 FP: familia profesional de transporte e mantemento de vehículos". Consellería de Educación, Universidade e FP. Consultado o 6-4-2021. 
  14. Consellería de Educación, Universidade e FP (2018). Inserción laboral do alumnado de formación profesional que rematou os seus estudos no curso 2015-16. IDEARA S.L. 
  15. "Sanidad, madera, informática e industria 4.0, las FP con trabajo seguro". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-29. Consultado o 2021-04-06. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.