Carnotita
| Carnotita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | K₂(UO₂)₂(VO₄)₂·3H₂O |
| Clase | Vanadato |
| Sistema cristalino | Monoclínico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Amarelo, amarelo dourado, amarelo esverdeado |
| Brillo | De anacarado a terroso |
| Dureza | 2 (escala de Mohs) |
| Exfoliación | Perfecta: unha dirección |
| Fractura | Irregular |
| Raia | Amarela |
| Densidade | 4,20 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
Carnotita é un mineral de vanadato de potasio e uranio hidratado , cuxa fórmula química é: K2( UO2 )2( VO4 )2·3H2O, podendo conter pequenas cantidades de calcio, bario, magnesio, ferro e sodio. O índice de auga pode variar.
Características
[editar | editar a fonte]A carnotita é un mineral brillante, amarelo esverdeado, que aparece tipicamente en forma de costras e escamas en arenitas, tornándoas amarelas brillante. O índice elevado de uranio fai da carnotita un minerio de uranio importante e tamén radioactivo. É un mineral secundario de vanadio e uranio xeralmente encontrado en rochas sedimentares de climas áridos.
Pódese encontrar nos estados americanos de Wyoming, Colorado, Arizona, Utah, Novo México, e tamén en Pensilvania. Relátanse tamén depósitos no Zaire, Marrocos, Australia e Kazakhstán.
Foi nomeado en homenaxe a Adolphe Marie Carnot ( 1839 – 1920 ), enxeñeiro de minas e químico francés.
Existen diversas variedades do mineral:
- Margaritasita (( Cs,K,H3O)2( UO2 )( VO4 )2•H2O )
- Tyuyamunita,(Ca(UO2)2(VO4)2•5-8H2O).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hurlbut, Cornelius S.; Klein, Cornelis, 1985, Manual of Mineralogy, 20th ed., John Wiley and Sons, Nova York ISBN 0-471-80580-7
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Webmineral (en inglés)
- Mineral Galleries
- Mindat.org (en inglés)