Carmen Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Estévez
Nacemento9 de setembro de 1925
Lugar de nacementoLeón
Falecemento23 de febreiro de 1996
Lugar de falecementoRoxos
NacionalidadeEspaña
CónxuxeManuel Fraga Iribarne
FillosCarmen, Isabel, José Manuel, Ignacio e Adriana
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen Estévez Eguiagaray, nada en León o 9 de setembro de 1925 e finada o 23 de febreiro de 1996 en Roxos (Santiago de Compostela), foi unha personalidade pública galega, muller do ex presidente da Xunta Manuel Fraga.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Embaixada de España en Londres onde residiu co seu marido.
Nicho de Carmen Estévez en Perbes.

Filla dun militar de Verín, seguiu o seu pai en diferentes traslados ata que en 1945 se estableceu na cidade de Madrid. Ese mesmo ano coñecía a Manuel Fraga e casaba con el o 17 de xaneiro de 1948 na capital de España. Estudante de Dereito na Universidade Complutense de Madrid, deixou a carreira coa voda e traballou a partir de aí no coidado da familia, pois tivo cinco fillos naturais e un adoptado.

Viviu en Madrid ata 1973, cando marchou a Londres acompañando o seu home no seu traballo de embaixador. En 1975 regresou a Madrid, onde permaneceu ata que Fraga accedeu á presidencia da Xunta de Galicia (1989). Posteriormente viviu en Santiago de Compostela ata o seu falecemento. Despois de sufrir un grave accidente de automóbil en 1993, en 1995 diagnosticáronlle un cancro, que lle acabaría por provocar a morte. Foi soterrada en Perbes.

O seu papel como muller do presidente da Xunta foi escasamente público, con escasas aparicións.


Predecesor:
Rosa Liaño
 Escudo de Galicia.svg
Parella do Presidente da Xunta de Galicia
 
1990–1996
Sucesor:
Esther Cid