Carlos Vasallo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Carlos Luis Vasallo Tomé 18 de outubro de 1950 Valencia, España |
| Outros nomes | Carlos Vasallo |
| Residencia | Madrid Cidade de México Miami |
| Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
| Actividade | |
| Ocupación | empresario, director de cinema, actor, produtor, guionista |
| Período de actividade | 1965 |
| Empregador | WJAN-CD (en) América CV Network Caracol Radio (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Susana Dosamantes (1978–1988) Tere Velázquez (1974–1978) |
| Parella | Maribel Guardia |
| Fillos | Kenia Vasallo ( |
| Pais | Jesús Vasallo |
| Irmáns | Javier Vasallo |
| Parentes | Paulina Rubio, fillastra Pedro Tomé, tío |
| Premios | |
Carlos Luis Vasallo Tomé, nado en Valencia[1][2] o 18 de outubro de 1950, é un empresario de orixe galega residente en Miami, da industria do entretemento e do audiovisual de México e no mercado latino estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Luis Vasallo Tomé naceu o 18 de outubro de 1950 en Valencia, onde estaba destinado o seu pai o autor Jesús Vasallo Ramos. A súa familia materna era de Cesuras, e teñen unha casa en Trasanquelos. Estivo casado coas actrices mexicanas Tere Velázquez e Susana Dosamantes.
Aos 14 anos trasladouse a Madrid para traballar, primeiro como actor e despois como produtor de teatro e cine. A principios da década de 1970 foi presidente de Corral de Comedias, unha compañía teatral que exportou a outros países de fala hispana obras tan destacadas como Anillos para una Dama. Foi precisamente esta a que levou a Carlos Vasallo a montala en México. Deste xeito iniciou a súa carreira en América.
Dende 1975 ata o ano 2000, fundou e presidiu diversas compañías exhibidoras e distribuidoras no mercado hispano dende California e a costa oeste dos Estados Unidos e en todo México, como son: American General Films USA, Mexican Home Video, Video Universal México, América Home Video e Películas Nacionales. Coa produtora cinematográfica Atrium Production, da cal tamén foi fundador e presidente, realizou máis de 40 películas españolas.
Entre 1984 e 1998 presidiu as compañías Cinematec Video e Connoisseur Video, distribuidoras especializadas en introducir o cine de tódalas épocas, o cine clásico europeo e o cine de grandes directores no mercado dos Estados Unidos de América. Fundou e presidiu a compañía Top Entertainment, que dende 1985 se converteu na distribuidora máis grande do cine mexicano, xa que conta cos dereitos de explotación para todo o mundo de máis de 4.000 películas mexicanas[3]. Durante as décadas de 1980 e 1990 foi presidente de Overseas Film Group, unha compañía independente para a distribución do cine americano en todo o mundo, chegando a distribuír máis de 200 películas da industria de Hollywood.
Dende o ano 2008 é tamén fundador e presidente das canles de televisión de pagamento Cine Estelar e Cine Nostalgia, ambas especializadas na exhibición de películas mexicanas en todo o territorio dos Estados Unidos de América. No ano 2009 formou a cadea de televisión VasalloVisión, na que logrou conxuntar emisoras de San Antonio (Texas), Houston (Texas), Denver (Colorado), Las Vegas (Nevada) e Louisville (Kentucky).
A partir de 2012 entrou na industria da recreación e o turismo, desenvolvendo salas de xogo e casinos en diversos hoteis da Riviera Maya en Cancún.
No ano 2014, na cidade de Santiago de Compostela, Galicia, recibiu a investidura como Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago. Foi un dos protagonistas do programa para Televisión de Galicia: "Pasaporte Galego", creado por Galicianblond®.
En 2016, foi nomeado presidente de América CV Network, que comprende as canles de televisión aberta CH-41 América TeVé e CH-48 TeVeo, dirixidas ao público hispano nos Estados Unidos e con sede na cidade de Miami (Florida), cunha distribución nos mercados de Miami, Nova York e Porto Rico[2].
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como guionista
[editar | editar a fonte]| Título orixinal (traducido) | Ano | Director | Xénero | País |
|---|---|---|---|---|
| Manaos[4] | 1978 | Alberto Vázquez Figueroa | Suspense | España / Italia / México |
| Jugando con la Muerte[5] | 1982 | Lucio Fulci | Acción | España |
| Conquest (La conquista de la tierra perdida)[6] | 1983 | José Antonio de la Loma | Acción | Italia/ España / México |
| Goma-2[7] | 1984 | José Antonio de la Loma | Acción-drama | España |
| Escuadrón[8] | 1988 | José Antonio de la Loma | Acción-drama | Estados Unidos/España/México |
Como actor
[editar | editar a fonte]| Título | Ano | Director | Xénero | Personaxe | País |
|---|---|---|---|---|---|
| Los guardamarinas[9] | 1967 | Pedro Lazaga | Comedia | Chacón | España |
| Aquí mando yo[10] | 1967 | Rafael Romero Merchent | Comedia | España | |
| Juicio de faldas[11] | 1969 | José Luis Sáenz de Heredia | Comedia | España | |
| Golpe de mano (Explosión) | 1970 | José Antonio de la Loma | Guerra | Fermín | España |
| El diablo cojuelo[12] | 1971 | Ramón Fernández | Comedia | España | |
| Tirarse al monte[13][14] | 1971 | Alfonso Ungría | Drama | España | |
| La cera virgen[15] | 1972 | José María Forqué | Comedia musical | España | |
| Minutos despues[16] | 1976 | Luis Eduardo Aute | Curtametraxe | Short | España |
Como director
[editar | editar a fonte]| Título orixinal (título traducido) | Ano | Director | Xénero | País |
|---|---|---|---|---|
| El día del compadre[17] | 1983 | Carlos Vasallo | Comedia | México |
| Gregorio Walerstein: el Zar[18] | 2009 | Carlos Vasallo | Documental | España/México |
Como produtor
[editar | editar a fonte]| Título orixinal (título traducido) | Ano | Director | Xénero | País |
|---|---|---|---|---|
| Manaos[4] | 1978 | Alberto Vázquez Figueroa | Suspense | España / Italia / México |
| Oro rojo[19] | 1978 | Alberto Vázquez Figueroa | Suspense | España/México |
| Day of the Assassin (El día de los asesinos)[20] | 1979 | Brian Trenchard-Smith | Suspense | Estados Unidos |
| Las mujeres de Jeremías[21] | 1980 | Ramón Fernández | Western-aventuras | México |
| Profesor eróticus[22] | 1981 | Luis María Delegado | Comedia | España |
| Jugando con la Muerte[5] | 1982 | Lucio Fulci | Acción | España |
| El día del compadre[17] | 1983 | Carlos Vasallo | Comedia | México |
| Goma-2[7] | 1984 | José Antonio de la Loma | Acción-drama | España |
| La muerte cruzó el río Bravo | 1984 | Hernando Name | Acción-crime | México |
| Río abajo (On the Line)[23] | 1984 | José Luis Borau | Aventuras-drama | España/Estados Unidos |
| Corazón de cristal[24] | 1985 | Gil Bettman | Drama | España |
| Ese loco, loco hospital | 1986 | Julio Ruiz Llaneza | Comedia | México |
| Murieron a la mitad del río | 1986 | José Nieto Ramírez | Drama-aventuras | México |
| Escuadrón[8] | 1988 | José Antonio de la Loma | Acción-drama | Estados Unidos/España/México |
| Fist Fighter (A puño limpio)[25] | 1989 | Frank Zuniga | Acción-drama | Estados Unidos/ España/ México |
| Un macho en la tortería[26] | 1989 | Alberto Rojas | Comedia | México |
| Dos nacos en el planeta de las mujeres[27] | 1991 | Alberto Caballo Rojas | Ciencia ficción | México |
| La metralleta infernal | 1991 | Juan Manuel Herrera | Acción-crime | México |
| Mujer de cabaret[28] | 1991 | Julián Pastor | Acción-drama | México |
| Aquí el que no corre, vuela[29] | 1992 | Ramón Fernández | Comedia | España |
| Cómo ser infeliz y disfrutarlo[30] | 1993 | Enrique Urbizu | Comedia | España |
| Intruso[31] | 1993 | Vicente Aranda | Suspense | España |
| Pelotazo nacional[32] | 1993 | Mariano Ozores | Comedia | España |
| Tirano Banderas[33] | 1993 | José Luis García Sánchez | Drama-crime | España/México/Cuba |
| Tres palabras[34] | 1993 | Antonio Giménez-Rico | Drama-romance | España |
| Sálvate si puedes[35] | 1994 | Joaquín Trincado | Comedia | España |
| Todo es mentira[36] | 1994 | Álvaro Fernández Armero | Comedia-romance | España |
| Así en el cielo como en la tierra[37] | 1995 | José Luis Cuerda | Comedia | España |
| Cuernos de mujer[38] | 1995 | Enrique Urbizu | Comedia | España |
| La revancha[39] | 1995 | Luis Ávalos | Acción-drama | |
| La leyenda de Balthasar el castrado[40] | 1996 | Juan Miñón | Drama histórico | España/Francia/Portugal |
| Gregorio Walerstein: el Zar[18] | 2009 | Carlos Vasallo | Documental | |
| Una casa en las afueras[41] | 1995 | Pedro Costa | Drama-suspense | España |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Carlos Vasallo Tomé-México y EEUU". Ourensemigrante.es. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2017. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Carlos Vasallo, nuevo presidente de America CV Network". Lavozdegalicia.es. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Carlos Vasallo. Con cuatro canales y 4.000 películas mexicanas, compite en EU con Univisión, Azteca América y Telemundo". Revistapantalla.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 4,0 4,1 "Manaos". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 5,0 5,1 "Jugando con la muerte". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "La conquista de la tierra perdida". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 7,0 7,1 "Goma-2". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 8,0 8,1 "Escuadrón". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Los guardamarinas". Imdm.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Aquí mando yo". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Juicio de faldas". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "El diablo cojuelo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Tirarse al monte". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Tirarse al monte". FilmAffininty. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "La cera virgen". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Minutos despues". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 17,0 17,1 "El día del compadre". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ 18,0 18,1 "Gregorio Walerstein: El zar". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Oro rojo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "El día de los asesinos". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Las mujeres de Jeremías". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Profesor eroticus". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Río abajo". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Corazón de cristal". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "A puño limpio". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Un macho en la tortería". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Dos nacos en el planeta de las mujeres". FilmAffinity. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Mujer de cabaret". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Aquí el que no corre, vuela". FilmAffinity,com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Cómo ser infeliz y disfrutarlo". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Intruso". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Pelotazo nacional". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Tirano Banderas". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Tres palabras". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Sálvate si puedes". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Todo es mentira". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Así en el cielo como en la tierra". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Cuernos de mujer". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "La revancha". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "La leyenda de Balthasar el castrado". FilmAffinity.com. Consultado o 03-08-2017.
- ↑ "Una casa en las afueras". Imdb.com. Consultado o 03-08-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carlos Vasallo na IMDb (en inglés).