Lauryn Hill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLauryn Hill

Lauryn Hill nun concerto en Toronto en 2014.
Nome orixinalLauryn Noelle Hill
Biografía
Nacemento26 de maio de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
East Orange, Nova Jersey, Estados Unidos
Datos persoais
Outros nomesMs. Lauryn Hill, L. Boogie
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericana
EducaciónColumbia High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz , pianista , guitarrista , actriz de cinema , cantante , produtora musical , actriz de televisión , compositora , rapeira , cantautora , música , artista discográfico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoSoul, música hip hop, neo soul, Rhythm and blues e Reggae Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz e guitarra acústica Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Island Records
Ruffhouse Records (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRohan Marley Editar o valor em Wikidata
FillosYG Marley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina weblauryn-hill.com
IMDB: nm0005012 Allocine: 35351 Rottentomatoes: celebrity/lauryn_hill Allmovie: p32323 TV.com: people/lauryn-hill
Facebook: mslaurynhill Twitter: MsLaurynHill Instagram: mslaurynhill Tumblr: mslaurynhill MySpace: laurynhill Youtube: UCYcofFCRA6l398IofsT6R2A Souncloud: mslaurynhill Spotify: 3elP7hppV9gTjSKucnXELy iTunes: 21434 Last fm: Lauryn+Hill Musicbrainz: e8414012-4a1c-4ad4-be5e-fc55294e28cc Songkick: 6061929 Discogs: 42627 Allmusic: mn0000113753 Deezer: 1117 Genius: Lauryn-hill Editar o valor em Wikidata

Lauryn Hill, nada en East Orange (Nova Jersey) o 26 de maio de 1975, é unha rapeira, cantante, actriz e produtora discográfica estadounidense galardoada 8 veces cos Premios Grammy. Foi membro de The Fugees antes de empezar unha carreira en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Medrou en South Orange e asistiu ao instituto de Columbia, en Nova Jersey. De nena, actuou unha vez no Apollo Theater, onde recibiu unha grande ovación ao rematar.

Comezou a actuar de adolescente en series de televisión como As the World Turns e na película Sister Act 2: Back in the Habit.

Xa no instituto pasou a formar parte de The Fugees, mais non actuou asiduamente con eles ata que acabou na Universidade de Columbia.

Ao primeiro álbum de The Fugees, Blunted on Reality, seguiulle o disco The Score, que obtivo numerosos premios e cuantiosas vendas e que presentaron cunha versión de "Killing Me Softly", de Roberta Flack.

The Miseducation of Lauryn Hill[editar | editar a fonte]

The Miseducation of Lauryn Hill foi o álbum debut da artista. Lanzado o 25 de agosto de 1998, abanou os premios Grammy, despois de ser nomeado en 11 categorías e gañar 5 delas (incluíndo Álbum do Ano). O álbum inclúe colaboracións co artista de soul D'Angelo (Nothing even matters), o guitarrista Carlos Santana (To Zion) e con John Legend no piano en Everything is Everything.

O primeiro sinxelo do álbum foi Doo Woop (That Thing), canción que gañou 2 premios Grammy: Mellor canción R&B e Mellor Presentación Vocal Feminina de R&B e chegou ao 1º lugar na lista de US Billboard Hot 100.

Foi colocado no posto 37 na lista Vh1 dos mellores álbums da historia. Situado no 312 na lista d'Os 500 Mellores Álbums de todos os tempos.

O título fai referencia ao libro de Carter G. Woodson The Mis-Education of the Negro e a portada do álbum a Burnin', de The Wailers.

Exilio autoimpuesto e MTV Unplugged[editar | editar a fonte]

Despois de 3 anos, Hill regresou cun directo da MTV cun look algo distinto e facía máis fincapé na mensaxe das súas letras. Interpretou case todas as súas cancións só cunha guitarra acústica e a súa voz e explicou por que non publicara nada en tres anos. A pesar de que moitos críticos non o viron con moi bos ollos, o álbum foi disco de platino.

Desde entón foi bastante crítica coa industria da música e o que unha muller nova negra representaba nela. Procura non facer moitas aparicións públicas, deixou de facer entrevistas, de escoitar música e de ver a televisión, e dedicouse a explorar novas manifestacións artísticas, facéndose dramaturga e compondo unha cantidade inxente de textos poéticos, deseños de roupa ou guións.

Caritativa, activista e controvertida[editar | editar a fonte]

En 1996, recibiu un Essence Award pola súa axuda a refuxiados co Proxecto Refuxiado, que sufragou un campamento en Kenya e Uganda e un concerto en Harlem.

En 1999, Hill recibiu tres galardóns NAACP Image Awards e a revista Ebony colocouna entre as 100 persoas afroamericanas máis influentes. É cristiá protestante comprometida, e en 2003 foi convidada a actuar no Nadal na Cidade do Vaticano. Aproveitou a ocasión para facer declaracións contra os abusos de nenos por parte do clero católico e para declarar que non cría en ningún Papa como representante de Deus na terra, o que tivo unha gran repercusión.[1][1][2]

Volta de The Fugees[editar | editar a fonte]

O 18 de setembro de 2004, tocaron en Brooklyn e apareceron nos BET' 2005 Music Awards. Publicaron un novo sinxelo, "Take It Easy", difundido por Internet e fixeron unha xira europea a finais de 2005.[3]

En febreiro de 2006, ofreceron un concerto en Hollywood, que difundiron tamén por Internet, publicando pouco despois dúas novas cancións, "Foxy" e "Wannabe".

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Desde 1996 mantivo unha relación sentimental co xogador de fútbol americano Rohan Marley (fillo de Bob Marley). Cando quedou embarazada por primeira vez, as discográficas pedíronlle que abortase, gañándose a antipatía dalgúns representantes ao non facelo[4]. A parella tivo 5 fillos: Zion David (n. en agosto de 1997); Selah Louise (n. setembro 1998); Joshua Omaru (n. 2001); John Nesta (n. 2002); e Sarah (n. 2008), a quen dedicou varias cancións. O seu sexto fillo naceu en xullo de 2011 e non declarou quen era o pai.[5] Lauryn Hill separouse definitivamente de Rohan Marley en 2011.

Practicou unha evasión fiscal en protesta pola guerra de Vietnam,[6] unha forma de obxección fiscal ou resistencia fiscal. O 6 de maio de 2013 foi condenada a tres meses de cárcere, máis outros tres de arresto domiciliario, e a un ano de liberdade condicional por ela.[7] Durante este período a custodia dos cinco fillos da parella recaeu en Rohan Marley, a petición del.[8]

Foi amiga da infancia do actor Zach Braff.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

  • The Miseducation of Lauryn Hill (1998)
  • MTV Unplugged No. 2.0 (2002)

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Ano Título Mellores posicións en listas Certificacións Álbum


Hot

100


[9]


EUA R&B

[9]


EUA Pop

[9]


AUS

[10]


NZ

[11]


SUE

[12]


R.U.

[13]
1997 «The Sweetest Thing»

(con The Refugee Camp All-Stars)
61 2 18 18 Banda sonora de Love Jones
1998 «Can't Take My Eyes Off You» 45 8 The Miseducation of Lauryn Hill
«To Zion» 77
«Doo Wop (That Thing)» 1 2 29 35 39 3
1999 «Ex-Factor» 21 7 46 4
«Everything Is Everything» 35 14 15 19
«Turn Your Lights Down Low»

(con Bob Marley)
86 49 1 5 15 Chant Down Babylon
2000 «The Miseducation of Lauryn Hill» 14 The Miseducation of Lauryn Hill
2002 «Mr. Intentional» 63 MTV Unplugged No. 2.0
2010 «Repercussions» 83 TBA
2013 «Neurotic Society (Compulsory Mix)»
«Consumerism» Letters From Exile

Mostras de son[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "What Lauryn Hill told the Vatican". SNAP (en inglés). 16 de decembro de 2003. 
  2. Kathy Shaw (16 de decembro de 2003). "Catholic League Calls Lauryn Hill ‘Pathologically Miserable’". Poynter (en inglés). 
  3. The Fugees: Reunited and Not Very Good Tom Breihan, Villagevoice.com, 26 de setembro de 2005
  4. cultural, Creación. "La mala educación llega tarde al Mad Cool de la mano de Lauryn Hill". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-07-13. 
  5. "Lauryn Hill: Rohan Marley Is Not the Father of My Sixth Child". Rolling Stone (en inglés). 28 de xullo de 2011. 
  6. López, Carmen (2 de setembro de 2018). "No mires a los ojos de Ms. Hill: 20 años de mala educación". eldiario.es (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2019. 
  7. "Lauryn Hill ingresa en prisión por evasión fiscal". El País (en castelán). 9 de xullo de 2013. 
  8. Stephanie Guerilus (13 de maio de 2013). "Lauryn Hill in Jail, Ex-Boyfriend Rohan Marley Cares for Their Five Kids When Singer Begins Her Sentence in July". Enstars (en inglés). 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Lauryn Hill > Awards > Billboard Singles". Rovi Corporation. 
  10. "australian-charts.com - Australian charts portal: Singles". australian-charts.com. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  11. "charts.org.nz - New Zealand charts portal: Singles". charts.org.nz. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  12. "swedishcharts.com - Swedish charts portal: Singles". swedishcharts.com. Consultado o 3 de setembro de 2010. 
  13. "Artist Chart History > Lauryn Hill". The Official Charts Company. 
  14. 14,0 14,1 "RIAA - Gold & Platinum - September 3, 2010: Lauryn Hill certified singles". Recording Industry Association of America. Consultado o 3 de setembro de 2010. [Ligazón morta]
  15. "British single certifications". British Phonographic Industry (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 05 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]