Física o química
Física o química | |
---|---|
Formato | Drama xuvenil |
Creado por | Carlos Montero |
Intérpretes | Andrea Duro Javier Calvo Ana Milán Marc Clotet Sandra Blázquez Adrián Rodríguez Àlex Batllori Nasser Saleh Lucía Ramos Olivia Molina Cristina Alcázar Álex Hernández Álex Martínez Lorena Mateo Enrique Arce Sergio Mur Fernando Andina Sabrina Garciarena Juan Pablo Di Pace Andrea Dueso |
Tema de apertura | Los Días, Cinco de Enero |
País de orixe | España |
Episodios | 77 |
Produción | |
Duración | 70 minutos aprox. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Antena 3 |
Formato de imaxe | 720p HDTV |
Primeiro episodio | 4 de febreiro de 2008 |
Derradeiro episodio | 13 de xuño de 2011 |
Na rede | |
https://www.antena3.com/series/fisica-o-quimica/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Física o química foi unha serie de televisión xuvenil producida por Ida y Vuelta Producciones e emitida por Antena 3 entre o 14 de febreiro de 2008 e o 13 de xuño de 2011, cun total de sete tempadas.
Nun primeiro momento a serie denominouse Empezar de cero, pero definitivamente Antena 3 decantouse polo nome Física o química, xa que fai unha clara alusión ao amor, ás decisións da vida.
O impacto de Física o Química é considerable, non só porque goza dunha boa acollida por parte do público, senón tamén da crítica, gañando o Premio Ondas 2009 á mellor serie española.[1] Ademais, a serie cruzou fronteiras para chegar ata Francia, onde se emite cun grande éxito de audiencia en NRJ 12, baixo o título de Physique ou Chimie. A súa emisión en México e Estados Unidos é a través da canle 52MX, os mércores ás 16:00 h. (hora centro).
Física o Química despediu a súa cuarta tempada o mércores 16 de decembro de 2009, liderando a súa franxa con claridade e batendo marca absoluta.[2]
A quinta tempada, que tan só contará con 9 capítulos, empezou a gravarse o 1 de marzo de 2010 e incorporou a seis novos actores, debido á marcha de varios dos protagonistas.[3][4][5] A serie tamén conta cunha nova cabeceira interpretada por El Sueño de Morfeo[6]. O primeiro capítulo foi preestreado o 5 de maio de 2010 no Cine Kapitol de Madrid, e a súa estrea en televisión foi o martes 11 de maio ás 22:30 h.
A 6ª tempada, estreada o 15 de setembro de 2010, contou cunha nova cabeceira interpretada por Angy Fernández. O último capítulo emitiuse o 14 de decembro de 2010. A sétima tempada da serie foi estreada o 5 de maio de 2011 e acabou para sempre o 13 de xuño.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie relata a vida nun instituto de Educación Secundaria, o instituto Zurbarán, dende o punto de vista de profesores e alumnos. A historia comeza coa morte por suicidio dun dos personaxes Rubén, irmán de Julio, por mor dunha carga na conciencia do rapaz, que días atrás fora partícipe dunha festa con drogas e alcol, no que violaron a unha rapaza. Ademais, un novo curso comeza no colexio Zurbarán, onde un grupo de profesores novatos se enfrontan á dura tarefa da docencia. A relación amorosa entre un alumno e unha profesora (Isaac e Irene), a vida en parella, a homofobia e o racismo, ou o sexo serán as liñas temáticas que a serie seguirá na súa primeira tempada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Alumnos do Zurbarán
[editar | editar a fonte]- Andrea Duro é Yolanda "Yoli" Freire Caballar. (T1-T7)
- Javier Calvo é Fernando "Fer" Redondo Ruano. (T1-T7)
- Sandra Blázquez é Alma Núñez Fontevilla. (T3-T7)
- Adrián Rodríguez é David Ferrán. (T3-T7)
- Nasser Saleh é Rashid Lorente Arco / Román. (T5-T7)
- Lucía Ramos é Teresa Parra Lebrón. (T5-T7)
- Àlex Batllori é Álvaro. (T5-T7)
- Lorena Mateo é Daniela Vaquero Castiñeira. (T6-T7, recorrente T5)
- Álex Hernández é Jon. (T6-T7)
- Álex Martínez é Salvador "Salva" Quintanilla. (T6-T7)
Persoal do Zurbarán
[editar | editar a fonte]- Ana Milán: é Olimpia Díaz Centeno, profesora de Inglés e ex-directora. (T1-T7)
- Marc Clotet: é Vicente Vaquero Castiñeira, profesor de Educación Física e máximo accionista do colexio. (T4-T7)
- Olivia Molina: é Verónica Lebrón Cervantes, profesora de Lingua e Literatura e nai de Teresa. (T5-T7)
- Enrique Arce: é Arturo, profesor de Bioloxía e médico do instituto. (T6-T7)
- Fernando Andina é Enrique. Director do colexio Zurbarán e profesor de Historia. (T7)
- Sabrina Garciarena é Sara. Profesora de Filosofía. (T7)
- Juan Pablo Di Pace é Xavi. Profesor de Arte. (T7)
- Marcos Gracia é Carlos. Novo xefe de estudos. (T7)
Recorrentes
[editar | editar a fonte]- Farah Hamed: é Fátima. Nai de Román. (T6-T7)
- Andrea Dueso: é Susana. Ex-noiva de David. (T7)
Abandonaron a serie
[editar | editar a fonte]- Michel Gurfi como Jonathan. Antigo profesor de Ximnasia. Marchou a México para estar coa familia. (T1)
- Xavi Mira como Félix. Ex-profesor de Música. Pai de Darío. Deixou o Zurbarán logo da infidelidade de Olimpia. (T1-T2; esporádico T3 e T5)
- Karim El-Kerem como Isaac Blasco Prieto [†]. Irmán de Paula. Morreu nun accidente de quad. (T1-T2)
- Michel Brown como Miguel Belaza. Ex-profesor de Tecnoloxía e Teatro. Deixa Madrid por romper a súa amizade con Irene e Blanca. (T2)
- Andrés Cheung como Jan Taeming. Vaise a China tras o enterro de Isaac. (T1-T2)
- Joaquin Climent como Adolfo Madrona. Ex-xefe de estudos e pai de Roque. Deixa o Zurbarán para dedicarse a escribir. (T1-T4)
- Irene Sánchez como Violeta Cortés Calvo. Sobriña de Irene. Vaise a un internado por decisión da súa nai. (T3-T4)
- Oscar Sinela como Joaquín "Quino". Vaise do Zurbarán tras confesar ser culpable de infiltrar alcol nunha festa. (T3-T4)
- Cecilia Freire como Blanca Román. Deixa o Zurbarán despois de que Martín deixásea plantada no altar. (T1-T4)
- Blanca Romero como Irene Calvo. Vaise a Nova York para validar o seu matrimonio con Thomas. (T1-T4)
- Maxi Iglesias como César Cabano Vera. Vaise a Inglaterra para dedicarse ao fútbol. (T1-T5)
- Bart Santana como Roque Madrona. Antigo profesor de Arte. Marcha a Londres para estar coa súa filla enferma. (T1-T5)
- Leonor Martín como Covadonga "Cova" Ariste Espinell. Márchase a Alacant para máis tarde volver ao parto de Paula. Finalmente vólvese a Alacant con Julio. (T1-T3; recorrente T5-T6)
- Gonzalo Ramos como Julio de la Torre Reig. Márchase a Alacant con Cova. (T1-T6)
- Álex Barahona como Alberto "Berto" Freire. Irmán de Yoli. Vaise do Zurbarán para dedicarse á cociña. (T3-T6; recorrente T2)
- Nuria González como Clara Yanes. Antiga xefa de estudos logo de Adolfo. Nai adoptiva de Roman e Ruth. Deixa o Zurbarán para estar con Ricardo tras a morte da súa nai. (T1-T6)
- Adam Jezierski como Gorka Martínez. Pai de Isaac Jr. Vaise con Paula a empezar de novo unha vida xuntos. (T1-T4; recorrente T5-T6)
- José Manuel Seda como Martín Aguilar. Ex-director do Zurbarán. Pai de María. Vaise do Zurbarán tras presentar a súa dimisión. (T3-T6)
- Úrsula Corberó como Ruth Gómez. Filla adoptiva de Clara e medio irmán de Román. Vaise a estudar Deseño en Barcelona. (T1-T6)
- Angy Fernandez como Paula Blasco Prieto. Irmá de Isaac. Nai de Isaac Jr. Vaise con Gorka a realizar o seu soño de cantar. (T1-T6)
- Cristina Alcázar como Marina Conde. Profesora de filosofía. Vítima do VIH. (T5-T6)
- Sergio Mur como Jorge. Profesor de arte. (T6, recorrente T5)
Audiencias
[editar | editar a fonte]Tempada | Capítulos | Espectadores | Share |
---|---|---|---|
Primeira | 1-8 | 3 186 000 | 18,2% |
Segunda | 9-22 | 3 047 000 | 17,3% |
Terceira | 23-33 | 3 032 000 | 17,0% |
Cuarta | 34-47 | 2 977 000 | 17,6% |
Quinta | 48-56 | 2 599 000 | 15,5% |
Sexta | 57-70 | 2 172 000 | 12,3% |
Sétima | 71-77 | 1 737 000 | 10,7% |
Premios
[editar | editar a fonte]- Mención especial TV no Festival Internacional de TV e Cine Histórico Reino de León para Ana Milán, Olimpia.
- Premio Ondas 2009 á Mellor serie española, por "a súa capacidade para conectar co público novo e adaptarse ao desenvolvemento multiplataforma dos contidos".
- Premio Shangai 2009 á Mellor serie.
- Premio Novo 2009 da denominación de orixe da Mancha ás actrices da serie: Blanca Romero, Angy Fernández e Úrsula Corberó.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 'Física o Química', 'Fama ¡a bailar!' e Jorge Javier Vázquez gañan o premio Ondas
- ↑ 'Física o Química' despide tempada con récord de espectadores
- ↑ [1]
- ↑ Maxi Iglesias abandona "FoQ"
- ↑ "'Física o Química': a marcha de Gorka, a gran sorpresa do primeiro capítulo". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2010. Consultado o 12 de maio de 2010.
- ↑ 'El Sueño de Morfeo en "FoQ"'