Carcharodus alceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Carcharodus alceae é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.[1][2][3]

Distribución[editar | editar a fonte]

Ten unha distribución moi ampla: sur e centro de Europa até os Urais e noroeste de Casaquistán, numerosas illas do Mediterráneo incluíndo as Baleares, Asia Menor e Próximo Oriente, Transcaucasia, Cáucaso e partes do oeste e centro de Asia.[2][4]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Trátase dunha especie xeneralista e que ocupa numerosos tipos de hábitats herbosos onde medran as súas plantas nutricias. A eiruga pódese alimentar de Alcea rosea, Althea officinalis, Lavatera thuringiaca, Malva sylvestris, Malva neglecta, Malva moschata, Malva pusilla e Malva alcea.[2]

Período de voo[editar | editar a fonte]

É bivoltina ao norte, entre abril e xuño e entre xullo e setembro, pero trivoltina ou polivoltina ao sur, entre febreiro e novembro, segundo a localidade e a altitude.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.
  3. https://sites.google.com/site/picosdeeuropamariposas/carcharodus-alceae Arquivado 01 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Carcharodus alceae, Georges Verhulst. Mariposas de Picos de Europa
  4. http://www.eurobutterflies.com/sp/alceae.php Carcharodus alceae, Matt Rowlings

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]