Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A carboxipeptidase A6 (CPA6 ) é un encima metalopeptidase que nos humanos está codificado no xene CPA6 do cromosoma 8 .[ 1] Exprésase fortemente no bulbo olfactorio do rato adulto e tamén no cerebro embrionario e outros tecidos.[ 2]
A proteína codificada por este xene pertence á familia das carboxipeptidases , que catalizan a liberación de aminoácidos C-terminais e teñen funcións que van desde a dixestión de alimentos á biosíntese selectiva de péptidos neuroendócrinos . Certas variantes polimórficas e unha translocación recíproca t(6;8)(q26;q13) que afectan este xene, foron asociadas en humanos coa síndrome de retracción de Duane .[ 1] Na súa catálise, a carboxipeptidase A6 ten preferencia por aminoácidos hidrofóbicos grandes C-terminais e pola histidina .[ 2]
A carboxipeptidase A6 procesa varios neuropéptidos , como a Met-encefalina , a Leu-encefalina , a anxiotensina I e a neurotensina in vitro.[ 2] Mentres que a carboxipeptidase A6 pode converter as encefalinas e a neurotensina en formas inactivas, pode converter a anxiotensina I inactiva en anxiotensina II activa.[ 2] A carboxipeptidase A6 podería ter funcións adicionais no procesamento de péptidos in vivo, pero a natureza destes substratos e os efectos destas clivaxes son polo momento descoñecidos.
Wei, S.; Segura, S.; Vendrell, J.; Aviles, F. X.; Lanoue, E.; Day, R.; Feng, Y.; Fricker, L. D. (2002). "Identification and characterization of three members of the human metallocarboxypeptidase gene family" . The Journal of Biological Chemistry 277 (17): 14954–14964. PMID 11836249 . doi :10.1074/jbc.M112254200 .
Pizzuti, A.; Calabrese, G.; Bozzali, M.; Telvi, L.; Morizio, E.; Guida, V.; Gatta, V.; Stuppia, L.; Ion, A.; Palka, G.; Dallapiccola, B. (2002). "A peptidase gene in chromosome 8q is disrupted by a balanced translocation in a duane syndrome patient" . Investigative Ophthalmology & Visual Science 43 (12): 3609–3612. PMID 12454025 .
Lyons, P. J.; Callaway, M. B.; Fricker, L. D. (2008). "Characterization of Carboxypeptidase A6, an Extracellular Matrix Peptidase" . Journal of Biological Chemistry 283 (11): 7054–7063. PMID 18178555 . doi :10.1074/jbc.M707680200 .
Sharif, S. A.; Du, X.; Myles, T.; Song, J. J.; Price, E.; Lee, D. M.; Goodman, S. B.; Nagashima, M.; Morser, J.; Robinson, W. H.; Leung, L. L. K. (2009). "Thrombin-activatable carboxypeptidase B cleavage of osteopontin regulates neutrophil survival and synoviocyte binding in rheumatoid arthritis" . Arthritis & Rheumatism 60 (10): 2902–2912. PMC 3757557 . PMID 19790060 . doi :10.1002/art.24814 .
Lyons, P. J.; Fricker, L. D. (2010). "Substrate Specificity of Human Carboxypeptidase A6" . Journal of Biological Chemistry 285 (49): 38234–38242. PMC 2992257 . PMID 20855895 . doi :10.1074/jbc.M110.158626 .