Anabolismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Biosíntese")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O anabolismo (do grego ana ‘cara arriba’, e ballein ‘lanzar’) é o conxunto de procesos do metabolismo que teñen como resultado a síntese de compoñentes celulares a partir de precursores de baixa masa molecular, polo que tamén recibe o nome de biosíntese.[1] É unha das dúas partes en que adoita dividirse o metabolismo. Aínda que anabolismo e catabolismo son dous procesos contrarios, os dous funcionan coordinada e armonicamente, e constitúen unha unidade difícil de separar.

Consiste na síntese de moléculas orgánicas (biomoléculas) máis complexas a partir doutras máis sinxelas, orgánicas ou inorgánicas, con requirimento de enerxía (reaccións endergónicas) e de poder redutor, ao contrario que o catabolismo. Os procesos anabólicos son procesos metabólicos de construción, nos que se obteñen moléculas grandes a partir doutras máis pequenas. Nestes procesos consómese enerxía.

Os seres vivos utilizan estas reaccións para formar, por exemplo, proteínas a partir de aminoácidos. Mediante os procesos anabólicos créanse as moléculas necesarias para formar novas células.

Funcións[editar | editar a fonte]

O anabolismo é o responsable de:

Algunhas rutas anabólicas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Glossary of Terms Used in Bioinorganic Chemistry: Anabolism". International Union of Pure and Applied Chemistry. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]