Carballido, A Fonsagrada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballido
Concello A Fonsagrada
Área 30,79 km²
Poboación 210 hab. (2015)
Densidade 6,82 hab./km²
Entidades de poboación 18

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE[1], en 2015 tiña 210 habitantes (104 homes e 106 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 266.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte con Santo André de Logares e co concello da Pontenova, ao sur con Maderne e O Trobo, ao leste coa Veiga de Logares e ao oeste co concello de Ribeira de Piquín.

Está atravesada polo río Rodil, afluente do río Eo. A fraga de Carballido, con flora autóctona, pertence á Rede Natura 2000.

Sociedade[editar | editar a fonte]

A economía da zona está baseada na agricultura e a gandaría de subsistencia. A densidade de poboación vai en descenso debido á emigración cara a cidades ou vilas maiores. Na parroquia existe un centro de educación primaria.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Santa María foi construída en 1721. A capela de Vilar de Carballido consta dunha soa nave e un pórtico. Ten un pequeno altar e varias tallas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Carballido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Carballido no concello da Fonsagrada (Lugo)

A Burela | Carballido | A Graña | Gromaz | Lentomil | Llacín | A Pedreira | A Rebordela | Río de Sabugo | Sequeiro | A Torre | Torviso | Trevín | A Valiña das Ovellas | A Veiga dos Binteiros | Vilalba | Vilar de Calvos | O Vilar de Carballido

Parroquias da Fonsagrada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Fonsagrada

A Allonca (Santa María) | A Bastida (San Miguel) | Bruicedo (Santiago) | Carballido (Santa María) | Cereixido (Santiago) | Cuíñas (San Cristovo) | Fonfría (Santa María Madanela) | A Fonsagrada (Santa María) | Freixo (San Xulián) | Lamas de Campos (San Roque) | Lamas de Moreira (Santa María) | Maderne (San Pedro) | Monteseiro (San Bartolo) | Pacios (Santa María) | O Padrón (San Xoán) | Paradavella (San Xoán) | Piñeira (Santa María) | A Proba de Burón (Santa María Madanela) | San Martín de Arroxo (San Martín) | San Martín de Suarna (San Martín) | San Pedro de Neiro (San Pedro) | San Pedro de Río (San Pedro) | Santo André de Logares (Santo André) | A Trapa (San Cibrán) | O Trobo (Santa María) | A Veiga de Logares (Santa María) | Vieiro (Santo Antonio) | Vilabol de Suarna (Santa María) | O Vilar da Cuíña (Santa Bárbara)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]