Carapucha pinta
Carapucha pinta | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Neotinea maculata' (Desfontaines) Stearn. 1975 |
A carapucha pinta, Neotinea maculata,[1] (Desfontaines) Stearn 1975 é unha especie de orquídea do xénero Neotinea da subfamilia Orchidoideae da familia Orchidaceae que están moi próximas ao xénero Orchis. Distribúense por Europa e Asia Menor. Son de hábitos terrestres e teñen tubérculos.
Descrición
[editar | editar a fonte]As follas son oblongas cunha lonxitude de 5 cm, crecen desde os nódulos subterráneos que teñen un tamaño máximo de 6 cm e son redondos As inflorescencias que son erectas en espiga, saen da roseta basal de follas estando cuberto o talo en 1/3 por unha bráctea cor verde clara. Presenta unha densa floración con flores pequenas. O tres sépalos son iguais en tamaño estando soldados polos lados quedando os ápices soltos e forman unha especie de casco militar (de aí o nome), que cobre a columna. Os sépalos presentan unha cor branca rosada coas nerviacións a cor rosa máis pronunciada. O labelo sobresae debaixo do casco 1/3 partes, e é de cor branca presentando na zona central manchas de cor rosa. O labelo presenta no apéndice unha terminación en liña recta. Tamén presenta dous lóbulos, un a cada lado na parte inferior que están lixeiramente arqueados cara a fóra e cara abaixo. Ten dous pétalos máis, moi reducidos. Florecendo desde abril até xuño. A cor pode variar desde branco a diferentes tons de rosa.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Desenvólvese en prados e terreos á luz solar directa ou media sombra. Atópase en Gran Bretaña, Europa Occidental, Grecia, e Asia menor.
Usos medicinais
[editar | editar a fonte]A fariña dos seus tubérculos chamada salep é moi nutritiva e demulcente. Úsase en dietas especiais de convalecentes e nenos. É moi rica en mucílago e forma unha demulcente e suave xelatina que se usa para a canle gastrointestinal irritada. Unha parte de fariña con cincuenta partes de auga son suficientes para formar a xelatina. O tubérculo para preparar a fariña debe ser colleitado cando a planta está recentemente seca despois da floración e cando soltou as sementes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Neotinea maculata foi descrita por William Thomas Stearn e publicada en Annales Musei Goulandris 2: 79. 1975.[2]
As orquídeas obteñen o seu nome do grego "orchis", que significa testículo, pola aparencia dos tubérculos subterráneos nalgunhas especies terrestres. A palabra 'orchis' usouna por primeira vez Teofrasto (371/372 - 287/286 A.C.), no seu libro "De historia plantarum" (A historia natural das plantas). Foi discípulo de Aristóteles e está considerado como o pai da botánica e da ecoloxía.
Neotinea: nomeada por Vincenzo Tineo un profesor italiano de botánica.
maculata: epíteto que significa "manchada", aludindo á presenza de manchas nas follas.[3]
|
|
Subespecies de Neotinea
[editar | editar a fonte]- Neotinea maculata ( Desf.) Stearn 1975
- Neotinea maculata var. stricta J. Landwehr 1977
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ "Neotinea maculata". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- ↑ Neotinea maculata en Flora de Canarias
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
- Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
- White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
- Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
- Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por MIT Press.