Saltar ao contido

Capra walie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Capra walie
Capra walie
Eduard Rüppel 1835 Editar o valor en Wikidata
 Nome común
Walia ibex (en)  
Äthiopischer Steinbock (de)  
Walia Ibex (en)  
Walia (en)  
Waliasteinbock (de)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie vulnerable
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
TriboCaprini
XéneroCapra
EspecieCapra walie Editar o valor en Wikidata
Rüppell, 1835 Capra walie Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Período de xestación
   160 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/026m52b Editar o valor en Wikidata
ITIS625143 Editar o valor en Wikidata
OTT541967 Editar o valor en Wikidata
UICN3797 Editar o valor en Wikidata
CoL699N5 Editar o valor en Wikidata
EOL328696 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A Capra walie (en ge'ez: ዋልያ; wālyā) é unha especie de mamífero artiodáctilo da familia Bovidae, en grave perigo de extinción, pois quedan só uns 500 exemplares concentrados nas montañas Semien, en parte debido á caza furtiva e á perda de hábitat.[1] É un mamífero endémico dalgunhas zonas montañosas etíopes. Os cornos, de mediana lonxitude, forman máis ou menos un medio arco circular. Na fronte ten unha protuberancia ósea; a barba é medianamente longa.

Hábitat e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Val no Parque nacional de Simien.

A especie habita na alta montaña dos páramos montanos de Etiopía, en escarpes rochosos entre os 2.500 e 4.500 metros. O seu hábitat é o bosque de montaña, as pradarías sub-alpinas, e as matogueiras, onde pastan. A súa dieta inclúe arbustos, líquenes, herba e plantas trepadoras. A miúdo sostéñense sobre as súas patas traseiras para alcanzar máis altura. Moi activas pola mañá, gústalles repousar ó sol nas repisas rochosas. Os machos viven en grupos separados das femias, que viven coas súas crías en grupos de arredor de 20 individuos. Estímase que unha manda percorre habitualmente de 1,5 a 2 km ó día. O período de celo esténdese de marzo a maio. Os machos compiten polas femias mediante loitas nas que chocan as súas cornamentas. O período de xestación dura 150-165 días. Alcanzan a madurez sexual ó primeiro ano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]