Montañas Semien
| (am) ሰሜን ተራራ | ||||
| Tipo | cordilleira | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Semien Gondar Zone, Etiopía (en) | |||
| ||||
| Cordilleira | Macizo etíope | |||
| Características | ||||
| Altitude | 4.550 m | |||
| Punto máis alto | Ras Dashan | |||
As montañas Semien (en amhárico: ስሜን ተራሮች; tamén escrito Səmen, Simien ou Simen) son unha cadea montañosa que se atopa no norte de Etiopía, formando parte do altiplano de Etiopía. Forman parte do parque nacional de Simien e son Patrimonio da Humanidade.
Características
[editar | editar a fonte]Están compostas por mesetas separadas por vales, e por pináculos que se erguen por enriba dos 4 000 msnm. O punto máis elevado é o monte Ras Dashan con 4 543 metros sobre o nivel do mar, a montaña máis alta de Etiopía. Salientan ademais outros cumios como o Abba YYared de 4 460 msnm, e o Biuat, con 4 437 msnm. É un dos poucos lugares de África onde neva con regularidade.
Malia o seu carácter escarpado e da súa altura, as montañas presentan numerosas vilas e aldeas. Historicamente estaban habitadas polos xudeus de Etiopía, mais logo de repetidos ataques dos emperadores cristiáns, no século XV retiráronse á antiga provincia de Dembiya, na actual zona de Gondar, na rexión Amhara.
Fauna
[editar | editar a fonte]
As súas ladeiras serven de ecosistema para diversas especies de animais, varias das cales son endémicas, tales como a Capra walie, o Canis simensis ou o Theropithecus gelada, un tipo de babuíno que só vive nas terras altas etíopes e eritreas.
