Conversa:Cantiga

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Unha cantiga é un sinónimo de canción. As cantigas medievais, en boa medida porque foron denominadas así por persoas non galegas, son coñecidas normalmente por 'as Cantigas'. Agora alguén creou un artigo cántiga, que é perfectamente sinónimo de 'cantiga'. Ocórrenseme tres solucións:

  • Mover este artigo 'Cantiga' a un que sexa 'Cantiga (literatura medieval)' ou 'Cantigas', ou 'poesía medieval galega'. En Cantiga crear unha páxina de homónimos, que leve a unha e outra cantiga, ademais de a canción.
  • Deixar este artigo como está e crear unha nova páxina que sexa 'Cantiga (homónimos)', aínda que creo que non é o máis axeitado.
  • Tendo en conta que os distintos xéneros de cantigas medievas están desenvolvidos no seu correspondente artigo, mudar este para fusionar o seu introdutorio contido con 'cántiga' e para incoporar as outras acepcións do termo.

Que dicides?--Xabier Cid 16:08, 5 maio 2007 (UTC)

  • Pois a min a opción que máis me convence é a primeira. Desde logo, cantiga e cántiga son sinónimos (a que leva sílaba esdrúxula é unha denominación máis popular e a grave máis culta). --Xoán Carlos Fraga 16:43, 5 maio 2007 (UTC)
  • Eu movería o artigo cántiga a éste, ¿se son sinónimos para qué duas páxinas distintas? --Alalvarez 11:35, 8 xuño 2007 (UTC)

Supoño que se poden dar como sinónimos cantiga e cántiga sen maiores problemas, pero o caso ñe que as cantigas ás que se refire este artigo (cantigas medievais, trobadorescas) non son sinónimas das cantigas populares, nin mnoito menos. Poderíamos uni-las dúas cousas nun mesmo artigo, explicando cada cousa en seccións diferentes, ou tamén poderiamos mover esta a "Cantiga medieval" (ou "cantiga trobadoresca", máis pretenciosa) e abrir un artigo propio para a "Cantiga popular".

Outro problema a ter presente é que a cantiga popular, por definición, é popular e é anónima, mentres que os exemplos que dá o artigo Cántiga non o son. Levo lidos xa moitos cantigueiros e eses 6 exemplos teñen tódalas trazas de ser de reciente creación (cantigas épicas ós guerrilleiros do maquis; ou a dos parques eólicos, de hai 4 días). Vamos, que de ningún xeito aceptaría esas cantigas como exemplo no artigo baixo o adxectivo de "populares". Hai, certamente, cantigas de autor, modernas (e algunhas moi boas, como as de Leiras), e habería que mencionalas, pero máis ben como un anexo e explicando ben que son de autor. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 16:51, 5 xullo 2008 (UTC) Pedro --Lameiro (conversa) 16:43, 28 decembro 2007 (UTC)


Quizais una solución sexa pór o artigo Cantigas como homónimos; "Cantigas medievais" e "cantigas populares", cadanseu artigo, recoñecendo en "cantigas populares" a herdanza das cantigas medievais.

Certamente os exemplos do artigo "cántiga" non son os mellores. Quizais "cántiga" debese redirixir a "cantiga".--Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 23:15, 4 xullo 2008 (UTC)

  • Entón, se nuns días -digamos unha semana- non hai opinións en contra, o que farei é:
    • mover cantiga a cantiga medieval
    • crear cantiga popular, co encabezado da actual cántiga e engadir máis información, cantigueiros coñecidos e algúns exemplos.
    • baleirar cántiga e redirixilo a cantiga (¿aproveito para borrar eses exemplos de cantigas da postguerra? Tamén sería unha pena pero o certo é que tampouco me convence pasalos a cantiga popular, porque populares non son)
    • crear un artigo cantiga como páxina de homónimos, que ligue con cantiga medieval e con cantiga popular
    • reparar aparicións de cantiga e cántiga noutros artigos da Galipedia e corrixi-la ligazón interna a onde corresponda en cada caso
      • Asumo que a forma cántiga é tamén aplicable ás creacións líricas medievais. O Dicionario da Real Academia e a Gran Enciclopedia Galega si que o dán como variante para ámbolos dous casos

¿De acordo ou a alguén se lle ocorre outra solución mellor? Acabo de caer na conta dos historiais e conversas, e que se fago estes cambios non sei se se conservarán ou non, nin cómo e onde quedarían. Supoño que o mellor será que o faga alguén con máis experiencia nestes movementos e cambios. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:20, 5 xullo 2008 (UTC)

  • perfectamente. Concordo coa proposta; se xente que teña experiencia no de fusionar historiais e estas cousas colabora para evitar problemas e evitar que se borren historiais, fantástico. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 16:51, 5 xullo 2008 (UTC)
  • A verdade é que me gustaría saber a orixe desas coplas populares. É para quitar a dúbida de se son populares ou se son creadas ao estilo de cántigas populares (eu creo que algunha é deste segundo tipo). Non sei, sería mellor poñer algunha referencia (e mellorar a parte da cántiga popular, eu véxoa algo frouxa). --Xoán Carlos Fraga 19:01, 15 de maio de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cantiga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Cantiga. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de setembro de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]