Campionato do mundo de piragüismo 2007
O XXXVI Campionato do mundo de piragüismo en augas tranquilas celebrouse do 8 ao 12 de agosto de 2007 na vila alemá de Duisburgo.
Celebráronse dezaoito probas masculinas e nove femininas. As masculinas foron en canoa canadense e en caiac, mentres que as femininas só son en caiac. As distancias cubertas, tanto para homes como para mulleres son 200 m, 500 m e 1.000 m, en categoría individual, por parellas e de a catro.
Nestes campionatos David Cal obtivo unha medalla de ouro (C1 500m) e unha de bronce (C1 1000m). Os grandes triunfadores foron a selección anfitrioa (Alemaña) e mais a húngara, con nove ouros cada unha delas.
Participantes
[editar | editar a fonte]Neles participaron uns 1.400 piragüistas, representando a 89 federacións internacionais distintas, na súa maior parte (37) europeas. Entre as federacións participantes correspondían a países que non forman estado independente tres (Guam, Porto Rico e Hong Kong), ademais de Taiwán que só é recoñecido parcialmente.
Irán, que anunciara a súa participación e acudira ao mundial, non puido competir pola débeda que tiña contraída coa federación internacional.
Participantes galegos
[editar | editar a fonte]Galicia non competía con selección de seu, senón integrada dentro da federación española. Os piragüistas galegos participantes foron 9, dúas deles mulleres: David Cal, Alfredo Bea, David Mascato, Borxa Prieto, Xaime Acuña, Carlos Pérez Rial, Xosé Luís Bouza, Sonia Molanes e Tareixa Portela.
- En K4 500 m Sonia Molanes e Tareixa Portela compartían equipo coas españolas Jana Smidakova e Isabel García Suárez. Despois dunhas series de trámite, gañaron a súa semifinal, cun tempo de 1'37"871, só superado polo crono da embarcación chinesa. Porén, na final só puideron ser sétimas cun tempo de 1'39"791, que non lles permitiu a clasificación directa para os Xogos de Beixín.
- En C1 1000 m David Cal gañou comodamente a súa serie e mais a semifinal, cun tempo de 4'10"762, co terceiro mellor tempo logo do alemán Andreas Dittmer e do canadense Mark Oldershaw. Na final obtivo a medalla de bronce cun tempo de 4'11"057, por detrás do húngaro Attila Vajda que foi ouro e do eslovaco Marián Ostrčil. En C1 500 m Cal gañou a súa serie, pero nas semifinais só puido ser terceiro, clasificándose para a final co peor dos tempos (1'56"567). Porén, na final dominou a proba de principio a fin e proclamouse campión do mundo cun rexistro de 1'47"187, por diante de Dittmer.
- En C2 1000 m Alfredo Bea e David Mascato conseguiron pasar a semifinais nunha serie de trámite, pero aí non foron quen de clasificarse para a final, ao quedaren sextos. Disputaron a final B, onde se impuxeron cun tempo de 3'52"091. Quedaron pois décimos do mundo.
- En K4 1000 m Borxa Prieto e Xaime Acuña facían equipo co catalán Saul Craviotto e co andaluz Manuel Muñoz Arestoy. Quedaron de cuartos na súa serie, clasificándose para a semifinal, onde foron segundos cun tempo de 3'02"427, que á súa vez foi a segunda mellor marca por detrás da embarcación polaca. Na final foron novenos e últimos, cun tempo de 3'11"357, fóra dos postos que daban o pase directo a Beixín.
- En K1 500 m Carlos Pérez Rial pasou a semifinais, mais nesta proba non se puido clasificar máis que para a final B, e moi axustadamente, ao pasar co peor dos tempos (1'45"923). Na final B foi sétimo (16º en xeral), cun crono de 1'38"975
- En C2 500 m Xosé Luís Bouza fixo equipo co asturiano Rafael Menéndez González e clasificáronse para as semifinais axustadamente, conseguindo unha sétima praza na serie. Na súa semifinal foron oitavos e non se meteron nin na final A nin na B, cun tempo de 1'53"111.
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Posto | País | Total | |||
---|---|---|---|---|---|
1 | Alemaña | 9 | 6 | 3 | 18 |
2 | Hungría | 9 | 3 | 6 | 18 |
3 | Belarús | 1 | 2 | 1 | 4 |
Rusia | 1 | 2 | 1 | 4 | |
Eslovaquia | 1 | 2 | 1 | 4 | |
6 | Romanía | 1 | 1 | 1 | 3 |
7 | Canadá | 1 | 1 | 2 | |
Reino Unido | 1 | 1 | 2 | ||
9 | España | 1 | 1 | 2 | |
Francia | 1 | 1 | 2 | ||
11 | Ucraína | 1 | 1 | ||
12 | Polonia | 3 | 4 | 7 | |
13 | Finlandia | 2 | 2 | ||
14 | Lituania | 1 | 2 | 3 | |
Serbia | 1 | 2 | 3 | ||
16 | China | 1 | 1 | 2 | |
17 | Cuba | 1 | 1 | ||
18 | Eslovenia | 1 | 1 | ||
Noruega | 1 | 1 | |||
Suecia | 1 | 1 | |||
Total | 27 | 27 | 27 | 81 |
Campións
[editar | editar a fonte]Proba | Campión masculino | Campión feminino |
---|---|---|
K1 200m | Jonas Ems | Natasa Janics |
K2 200m | Belarús | Alemaña |
K4 200m | Hungría | Alemaña |
C1 200m | Iuri Cheban | |
C2 200m | Rusia | |
C4 200m | Hungría | |
K1 500m | Adam van Koeverden | Katalin Kovács |
K2 500m | Alemaña | Alemaña |
K4 500m | Eslovaquia | Alemaña |
C1 200m | David Cal | |
C2 200m | Hungría | |
C4 200m | Hungría | |
K1 1000m | Tim Brabants | Katalin Kovács |
K2 1000m | Francia | Alemaña |
K4 1000m | Alemaña | Hungría |
C1 200m | Attila Vajda | |
C2 200m | Alemaña | |
C4 200m | Romanía |