Calpurnio Sículo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Roma ![]() |
Morte | valor descoñecido ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta , escritor ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano ![]() |
Período de actividade | (Con vida en: século I ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
![]() ![]() |
Tito Calpurnio Sículo (en latín, Titus Calpurnius Siculus) foi un poeta latino, natural de Sicilia, de mediados do século I.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/Cl%C3%A1sicos_en_Galego._09._Poes%C3%ADa_buc%C3%B3lica_latina.jpg/220px-Cl%C3%A1sicos_en_Galego._09._Poes%C3%ADa_buc%C3%B3lica_latina.jpg)
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Coñécense del sete églogas (en latín, eclogae) que se inspiran nos Idilios do poeta grego Teócrito e sobre todo nas Bucólicas do latino Virxilio. Adóitase estar de acordo hoxe en que outras catro églogas que se lle adoitan atribuír son máis tardías e deben adxudicarse a Nemesiano. Non se coñece case nada sobre a súa vida, pero na súa obra destaca o seu entusiasmo pola ascensión ao trono de Nerón, que suscitaba as súas esperanzas. Fíxose famosa a súa descrición do novo anfiteatro de madeira construído polo novo emperador (o Coliseo non fora construído aínda).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Gratio/Ovidio/Calpurnio Sículo/Nemesiano/Endelequio. Poesía latina pastoril de caza y pesca/Cinegética/Haliéutica/Bucólicas. Bucólicas einsidlenses/Bucólicas. Cinegética. De la caza de los pájaros/De la mortandad de bueyes. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-0967-3.
- Champlin, Edward. "The Life and Times of Calpurnius Siculus" 68. doi:10.2307/299629.
- Champlin, Edward. "History and the date of Calpurnius Siculus" 130 (1-2). doi:10.1524/phil.1986.130.12.104.