Calosoma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Calosoma é un xénero de insectos coleópteros da suborde dos adéfagos, pertencente á familia dos carábidos, subfamilia dos carabinos e tribo dos carabini.

Características[editar | editar a fonte]

Calosoma é un xénero de grandes escaravellos terrestres que se encontran principalmente en todo o hemisferio norte e que se denominan vulgarmente en varios idiomas como "cazadores ou buscadores de eirugas". Moitas das súas case duascentas especies son en gran parte ou totalmente negras, pero algunhas teñen unha coloración metálica brillante. Producen unha secreción con mal olor por glándulas situadas próximas ao extremo distal do abdome. Son recoñecíbeis polo seu tórax grande, que é case do tamaño do abdome e moito máis ancho que a cabeza.[1]

Varias especies destes escaravellos, especialmente Calosoma semilaeve, son especialmente comúns en California.[2]

Especie introducida[editar | editar a fonte]

En 1905, Calosoma sycophanta foi importada a Nova Inglaterra para o control da avelaíña Lymantria dispar. A especie é un voraz consumidor de eirugas durante a súa etapa larvaria e como adulta, do mesmo xeito que outras especies do xénero. Por esta razón, xeralmente considéranse insectos beneficiosos.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1801 polo entomólogo alemán Friedrich Weber.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico Calosoma está formado pola unión dos elementos do latín científico calo- e -soma.[4] O primeiro deles deriva do grego antigo καλός kalós, "beleza",[5] e o segundo do grego antigo σῶμα sōma, "corpo".[6] Literalmente, "os de corpo fermoso".

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceusa tamén polos seguintes sinónimos:[3]

  • Acalosoma Lafer, 1990
  • Acamegonia Lapouge, 1929
  • Acampalita Lapouge, 1929
  • Acarabomimus Vacher de Lapouge, 1930
  • Aulacopterum Géhin, 1885
  • Australodrepa Lapouge, 1929
  • Blaptosoma Géhin, 1876
  • Calamata Motschoulsky, 1865
  • Calipera Bedel, 1881
  • Calipera Csiki, 1927
  • Callipara Motschoulsky, 1865
  • Callipera Bedel, 1881
  • Callisoma Agassiz, 1846
  • Callistrata Motschoulsky, 1865
  • Callistrida Motschoulsky, 1868
  • Callistriga Motschoulsky, 1865
  • Callitropa Motschoulsky, 1865
  • Calodrepa Motschoulsky, 1865
  • Caludema Jeannel, 1940
  • Camedula Motschoulsky, 1865
  • Camegonia Lapouge, 1929
  • Caminara Motschoulsky, 1865
  • Campalita Motschoulsky, 1865
  • Campolyta Bedel, 1879
  • Campolyta Motschulsky, 1865
  • Carabomimus Kolbe, 1895
  • Carabosoma Géhin, 1885
  • Castrida Motschoulsky, 1865
  • Catasoma de Lapouge, 1929
  • Catastriga Lapouge, 1929
  • Charmosta Motschoulsky, 1865
  • Colosama Gebler, 1830
  • Cosmoplata Motschoulsky, 1865
  • Ctenosta Motschoulsky, 1865
  • Epipara Lapouge, 1929
  • Eremosoma Lapouge, 1929
  • Eucalosoma Breuning, 1927
  • Microcalosoma Breuning, 1928
  • Neocalosoma Breuning, 1928
  • Paracalosoma Breuning, 1928
  • Paractenosta Jeannel, 1940
  • Paratropa Lapouge, 1929
  • Syncalosoma Breuning, 1927

Especies[editar | editar a fonte]

Lista das 188 especies descritas do xénero Calosoma:[3][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Powell & Hogue 1980, p. 262.
  2. Powell & Hogue 1980.
  3. 3,0 3,1 3,2 Calosoma Weber, 1801 no GBIF.
  4. calosoma no Merriam-Webster Dictionary.
  5. Jobling, James A. (2010): [1] The Helm Dictionary of Scientific Bird Names]. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  6. soma no Merriam-Webster Dictionary.
  7. Calosoma Weber, 1801 no ITIS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lorenz, W. (2018): CarabCat: Global database of ground beetles (versión outubro de 2017). En: Roskov Y. et al. Species 2000 & ITIS Catalogue of Life.
  • Powell, Jerry A. & Hogue, Charles L. (1980): California insects. Berkeley, California, USA: University of California Press. ISBN 978-0-5200-3782-3.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]