Friedrich Weber
Friedrich Weber | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de agosto de 1781 e 22 de maio de 1886 |
Lugar de nacemento | Kiel |
Falecemento | 21 de marzo de 1823 |
Lugar de falecemento | Kiel |
Nacionalidade | Alemaña |
Alma máter | Universidade de Kiel |
Ocupación | entomólogo, naturalista, carcinólogo, botánico, profesor universitario e médico |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Friedrich Weber, nado en 1781 en Kiel, Alemaña,[1] e finado o 21 de marzo de 1823 na mesma cidade, foi un entomólogo alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Alumno precoz de Johan Christian Fabricius (1745-1808), publicou, aos catorce anos, o seu Nomenclator entomologicus e, en 1801, as súas Observationes entomologicae.
Nestas dúas obras aparecen as primeiras descricións de numerosas especies de insectos, pero tamén doutros invertebrados.[2]
A súa obra máis famosa, publicada en 1795, é o Nomenclator entomologicus secundum entomologian systematicam ill. Fabricii, adjectis speciebus recens detectis et varietatibus. Chiloni et Hamburgi: C. E. Bohn. viii 171 pp. Ver en liña.
Abreviaturas[editar | editar a fonte]
- A abreviatura F.Weber emprégase indicar a Friedrich Weber como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
- A abreviatura Weber emprégase para indicar a Friedrich Weber como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Algunhas fontes dan a data de 1752.
- ↑ Cómpre dicir que, na época de F. Weber, un "entomólogo" non se dedicaba exclusivamete ao estudo dos insectos propiamente ditos, senón que abarcaba o de todos os artrópodos (crustáceos, arácnidos etc.).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- S. L. Tuxen (1967): "The entomologist J. C. Fabricius", Annual Review Entomology, 12: 1-14.