Descrición do Reino de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Portada.

Descrición do Reino de Galicia é unha obra en lingua castelá de Bartolomé Sagrario de Molina redactada en 1549 e publicada en Mondoñedo en 1550 co título orixinal de Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Trátase dunha descrición do Reino de Galiza redactada polo devandito licenciado Molina, un dos primeiros licenciados en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e malagueño de orixe. A obra foi traducida ao galego e publicada en 2003 por Editorial Toxosoutos.[1]

Temática[editar | editar a fonte]

Trátase dunha descrición exhaustiva do reino, redactada en castelán, onde se fala dos corpos de santos ou reliquias, ríos, poboacións, portos e monumentos que atesoura o reino. Tamén fala das orixes e feitos de armas máis destacados das liñaxes galegas imperantes na época.

Estrutura e estilo[editar | editar a fonte]

Colofón.

Está estruturada en cinco partes e presentada en verso e en cadansúa páxina un comentario en prosa que amplía o texto versificado. É importante pola súa antigüidade e por ser un dos primeiros textos en que en esta época se reivindica a defensa e dignidade de Galiza fronte ao desprezo e o proceso de periferización en que se ía inserindo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]