Unión Social Cristiá de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CSU»)
Unión Social Cristiá de Baviera
Logo
AcrónimoCSU, ХСС e CSU
Tipoone-state party
IdeoloxíaDemocracia cristiá, rexionalismo, conservadorismo social, conservadorismo liberal e Baviera
Data de fundación13 de outubro de 1945
Fundador(es)Karl Scharnagl
Presidente/aMarkus Söder (2019-) Editar o valor em Wikidata
Director/aHans Michael Strepp
Nº de membros130.379 (2021) Editar o valor em Wikidata
SedeMúnic
PaísAlemaña
Na rede
https://csu.de e https://csu.bayern
Facebook: CSU Twitter: CSU Instagram: christlichsozialeunion LinkedIn: csu-in-bayern Youtube: UC5AagLvRz7ejBrONZVaA13Q Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Franz Josef Strauß, o político máis emblemático da CSU.

A Unión Social Cristiá (CSU) é un partido político de Baviera (Alemaña). Foi fundada en 1946, e está liderada por Horst Seehofer. É membro da Internacional Demócrata de Centro e da Unión Internacional Demócrata.

A CSU é un partido conservador baseado nos valores cristiáns[1] que está só presente en Baviera, onde gañou todas as eleccións dende a segunda guerra mundial 1962-2008 cunha maioría absoluta de escanos desde 1970, con máis do 50% dos votos. O seu maior éxito foron as eleccións do Estado Libre de Baviera de 2003, que recibiu 60,7% dos votos e máis de dous terzos das cadeiras no parlamento bávaro. Con todo, nas eleccións bávaras de 28 de setembro de 2008 caeu a 43,4% dos votos, o que tamén significou a perda da maioría absoluta dos asentos parlamentarios. Así, por primeira vez en máis de corenta anos, precisaron dun socio de coalición para estar no goberno. A finais de outubro de 2008, pactou unha alianza co Partido Demócrata Liberal (FDP).

O presidente do goberno de Baviera foi sempre da CSU, excepto por un breve período entre 1954 e 1957, cando se formou un goberno de coalición de todas as forzas políticas agás a CSU.

No parlamento alemán, a CSU forma un grupo xunto coa CDU, o seu equivalente noutros Landers. Con todo, as posicións das dúas partes non coinciden sempre, normalmente o CSU defende posicións sobre política interior e xustiza máis de dereitas, menos europeísta e en cambio máis comprometido coas políticas económicas e sociais. Nas eleccións federais do 18 de setembro de 2005, a CSU gañou 7,4% dos votos (46 asentos) e participa do goberno de coalición da chanceleresa Angela Merkel, xunto coa CDU (27,8%, 180 asentos) e o SPD (34,2%, 222 asentos).

Presidentes da CSU[editar | editar a fonte]

Presidentes de goberno de Baviera pertencentes á CSU[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "csu.de". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2009. Consultado o 18 de outubro de 2010.