CARIAD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cariad SE
Cariad Logo.svg
TipoSociedade Anónima
Fundación2019
LocalizaciónWolfsburg, Alemaña Alemaña
Persoas claveDieter Zetsche (CEO e presidente do consello de administración)
Manfred Bischoff (Presidente do consello supervisor)
IndustriaAutomóbil
ProdutosAutomóbil, vehículos comerciais
Número de empregados4000
editar datos en Wikidata ]

Cariad SE (CARIAD, acrónimo de "Car I am Digital") é unha corporación automobilística multinacional alemá. Subsidiaria do grupo VW, ten como obxectivo agrupar o desenvolvemento de Software dentro da matriz, incluíndo o requisito de chegar unha plafatorma de Software uniforme para todas as marcas dentro do grupo Volkswagen (Seat, Porsche, Audi ...). Ao longo prazo a marca aplicaría o seu novo sistema operativo a todos os novos vehículos eléctricos producidos por Volkswagen, cunha estimación actual de 40 millóns de vehículos utilitarios do SW para 2030. Ademais está entre as disciplinas do novo provedor o traballo no Hardware, e na nube de VW, VW.AC (Volkswagen Automobile Cloud) así como varias aplicacións (condución autónoma en niveis 3 e 4, infotainment, aforro enerxético, dinámicas do vehículo...) [1]

Cariad prové emprego a máis de 4,000 enxeñeiros e desenvolvedores de máis de 15 compañías de Software previas, que traballaban baixo o manto de VW antes de 2019. Microsoft e Google colaborarán no motor do novo sistema operativo a través de varias recoñecidas ferramentas, feito público pola compañía, como QNX, Linux, Android Automotive e Auto-SAR (cun acceso limitado onde o modelo de transferencia de datos impediría a Google traballar na plataforma de Android Automotive libremente, só cun acceso restrinxido para prover a aplicación de infotaiment)

Historia[editar | editar a fonte]

Inaugurada como compañía de produción de software en xuño de 2019, a empresa leva funcionando de forma independente de VW desde xaneiro de 2020. A entrada no rexistro comercial data de 27 de decembro, 2019, como SW Org Wolfsburg AG. Diversas fusións fixeron medrar o grupo orixinal durante o 2020 : TKI Automotive GmbH, Carmeq GmbH, diconium GmbH e os Audi Electronics Venture GmbH. O grupo consolídase en setembro do 2020 coa adquisición do xigante berlinés Hella Aglaia, antigo colaborador da marca [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CARIAD. "Cariad: Volkswagen to use own operating system for future cars". Daimler (en inglés). Consultado o 2019-12-12. 
  2. ["CARIAD"](en inglés)


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]