Cándido Tafalla Froiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cándido Tafalla Froiz
Nacemento1898
Lugar de nacementoBesexos
Falecemento5 de xuño de 1937
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindustrial e político
editar datos en Wikidata ]

Cándido Tafalla Froiz, nado en Besexos (Vila de Cruces) en 1898 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Administrador do Hotel Estrella da Estrada. En 1931 foi elixido vogal da directiva do Centro Republicano estradense.[1] Despois militou en Unión Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 20 de xullo desprazouse a Pontevedra xunto co tenente de alcalde Ramón Fernández Rico. Despois foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión con Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, José María Pena López e Manuel Nogueira González, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra na subida a Monte Porreiro, no km 1 da Avda. de Buenos Aires.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Emigrado, 28-2-1931, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]