José María Pena López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Pena López
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Pena López, nado en Tabeirós (A Estrada) en 1879 e finado en Pontevedra o 5 de xuño de 1937, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi representante da axencia Ford, empregado-cuidador dun surtidor de gasolina de CAMPSA, propietario dun garaxe con stok de accesorios para automóbiles e da fábrica lixivias e bebidas El Águila Estradense. En 1936 foi elixido presidente do Frente Popular da Estrada. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión con Jesús Puente Fontanes, Ramón Fernández Rico, José Rodríguez Sangiao, Cándido Tafalla Froiz e Manuel Nogueira González, foi condenado a pena de morte e internado en San Simón. Foi executado en Pontevedra, no Km. 1 da Avda de Buenos Aires, rexistrándose a morte a causa de hemorraxia interna. En xaneiro de 1938 a Comisión de Incautación de Bens de Pontevedra mandou instruír expediente de responsabilidade civil contra José María e outros sete veciños de Cuntis, séndolles confiscados todos os bens. A principios dos anos cincoenta os herdeiros de José María venderon os inmobles a un industrial catalán, Salvador Cusidó Franco, quen instalou na fábrica unha manufactura téxtil.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]