Bugatti Type 251

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugatti Type 251
Bugatti
Información
País Francia
Fabricante Bugatti
Deseñador Gioacchino Colombo
Produción 1955-1956
Predecesores Bugatti Type 57G Tank
Bugatti Type 59
Sucesor
Longo 3800 mm
Largo 1450 mm
Alto 1100 mm
Peso 750 kg
Distancia entre eixes 2186 mm
Chasis Tubular
Suspensión Resortes helicoidais e eixes ríxidos
Motor De 8 cilindros en liña e 2496 cc
Potencia 230 CV
Transmisión
Tracción
Freos De tambor
Prestacións Velocidade máxima: 260 km/h
Pneumáticos Englebert
Debut Gran Premio de Francia de 1956
Pilotos Francia Maurice Trintignant
Carreiras 1
Gañadas 0
Poles 0
Voltas rápidas 0
Camp. Cons. 0
Camp. Pilt. 0

O rexurdimento final da Bugatti orixinal foi o Bugatti Tipo 251 de carreiras; foron fabricados dous exemplares en 1955 e 1956.[1] Deseñado por Gioacchino Colombo de Ferrari, estaba propulsado por un novo motor de 2.5 L (2496 cc) e 8 cilindros en liña. Excepcionalmente, este motor estaba montado transversalmente, detrás do piloto. Por primeira vez nun Bugatti, utilizouse un motor sobrecadrado cun diámetro de 76 mm e unha carreira de 68,5 mm. Unha suspensión traseira de tubo de Dion tamén foi unha novidade para a compañía, aínda que estaba de moda na época. O Tipo 251 presentouse no Gran Premio de Francia de 1956, pilotado por Maurice Trintignant,[2] pero nno era competitivo e etirouse despois de 18 voltas. was not competitive and retired after 18 laps.

Notas[editar | editar a fonte]


Referencias
  1. Pierre Ménard, «Bugatti 251», Automobile historique, no 43‎ (decembro de 2004), p. 72.
  2. "Grand Prix Racing - the whole story". Arquivado dende o orixinal o 2006-11-25. Consultado o 2006-12-13. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]