Budelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Budelli
Spiaggia rosa, isola di budelli, sardegna.jpg
Praia rosa
Situación
PaísItalia Italia
ProvinciaSassari
ArquipélagoArquipélago da Maddalena
MarMar Tirreno
Coordenadas41°17′08″N 9°21′34″L / 41.28556, -9.35944Coordenadas: 41°17′08″N 9°21′34″L / 41.28556, -9.35944
Xeografía
Superficie1´60 km²
Perímetro12´3
Punto máis alto87
Demografía
Poboación1 hab.
Lingua propiaItaliano

Budelli é unha illa no arquipélago da Maddalena (italiano: Arcipelago di La Maddalena), cerca do estreito de Bonifacio, no norte de Sardeña, Italia. Forma parte do Parque Nacional La Maddalena.

Budelli atópase a varios centos de metros ao sur das illas Razzoli e Santa María. Ten unha superficie de 1´6 km2 e un perímetro costeiro total de 12´3 km. O punto máis alto é Monte Budello, con 87 m.

Budelli é considerada unha das illas máis fermosas do Mar Mediterráneo. É especialmente coñecida pola súa "Spiaggia Rosa" (praia rosa), no sueste da illa, que debe a súa cor típica a fragmentos microscópicos de corais e cunchas como a Miriapora truncata e Miniacina miniacea. Budelli é unha das catro illas deshabitadas no arquipélago da Maddalena: as outras son Caprera, Spargi e Razzoli.

A illa foi comprada en outubro de 2013 por 2´94 millóns de euros, trala creba do anterior propietario. O novo comprador era un neozelandés, que intentou protexer o ecosistema na illa.[1] Con todo, a Corte Suprema italiana aprobou leis para iniciar o proceso de recuperación da illa, que agora é administrada e protexida pola xunta do parque nacional.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]