Bronocice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Debuxo dunha pota de Bronocice mostrando os debuxos do que se identifica como un carro esquematizado e uns campos ou unha ponte

Bronocice é unha aldea polaca, sita preto de Działoszyce, no powiat de Pińczów, no voïvodato de Santa-Cruz.

Restos arqueolóxicos e descubertas[editar | editar a fonte]

Nos anos 19741979 acolleu os arqueólogos do Instituto de Arqueoloxía e de Etnoloxía da Academia Polaca de Ciencias (Polska Akademia Nauk, PAN), so dirección de Janus Kruk, e dos da Universidade de New York, de Buffalo, co profesor Sarunas Milisauskas.

Preto de Bronocice encontraron os vestixios dunha inmensa aldea fortificada, que data dos inicios da agricultura na Pequena Polonia. A poboación neolítica é a maior da Europa Central. Subsistiu algo máis de 1.000 anos entre 3800 e 2700 anos a.C.

A aldea estaba situada sobre o planalto de loes de Baski, nas beiras do río Nidzica, estendéndose por unha superficie próxima a 50 hectáreas. A zona defensiva, que cerca unha superficie de 2,4 hectáreas, estaba arrodeada por un foxo e un valado de madeira. Os habitantes tiñan como ocupación principal a agricultura e gañaban novos terreos de cultivo queimando os bosques. Cultivaban principalmente diversas clases de cereais: trigo, orxo, millo, e ademais papoulas, lentellas, chícharos e liño. Criábanse animais: uros, ovellas, cabras, e porcos. A gran cantidade de ósos de carneiros e de pequenos años, demostran unha produción centralizada na la e os vestidos.

Encontrouse tamén abundante cerámica, con gravados incisos, dos que destaca a chamada pota de Bronocice, que mostra o que se identifica como a imaxe máis antiga que se coñece que mostra un carro.

Conmemoracións[editar | editar a fonte]

Preto do lugar da descuberta da famosa pota de Bronocice, foi erguido no ano 2003 o monumento "Praojcom i Archeologom" ("A prol dos Devanceiros e dos Arqueólogos"). Mentres, en Działoszyce se celebran, cada dous anos, uns coloquios sobre arqueoloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]