Saltar ao contido

Brema

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brema
 Nome taxon
    Abramis brama
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    A. brama (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseActinopteri
OrdeCypriniformes
FamiliaCyprinidae
XéneroAbramis
EspecieAbramis brama Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Abramis brama Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/04qt6m Editar o valor en Wikidata
UNII7Q2M6X5U5S Editar o valor en Wikidata
ITIS163666 Editar o valor en Wikidata
OTT103921 Editar o valor en Wikidata
UICN135696 Editar o valor en Wikidata
CoL63ZV8 Editar o valor en Wikidata
EOL46581641 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

A brema[1] (Abramis brama) é unha especie de peixe de auga doce pertencente á familia dos ciprínidos (Cyprinidae) que habita nos ríos e lagos de Irlanda, Reino Unido, centro e norte de Europa, e Rusia.

Aspecto e anatomía

[editar | editar a fonte]

O seu corpo está comprimido lateralmente; no dorso presenta unha xiba algo marcada no seu parte anterior. Normalmente mide entre 40 e 60 cm de lonxitude con pesos de 2-3 kg. A lonxitude máxima é de 90 cm e en Alemaña capturouse en 2000 un exemplar de 85 cm e 7 kg de peso. Os exemplares de máis de 70 cm son raros, e só se dan en lugares específicos cunha poboación baixa de pláticas.

Brema dourada enriba e brema común embaixo.

É unha especie moi común en augas estancadas ou de curso lento, con fondos arxilosos ou lamosos, aínda que tamén está presente en estuarios (mar Báltico) e augas salobres (mar Caspio e Aral). Aliméntanse de bivalvos, larvas de mosquitos e vermes. A época de desova ocorre entre maio e xuño, en augas ricas en vexetación; os machos presentan durante este período tubérculos brancos ou amarelos sobre a cabeza e a parte anterior do corpo. A súa carne é consumida como alimento.

Brema común en Praga.

En moitos países do norte de Europa é un dos peixes máis apreciados polos pescadores deportivos, debido á súa abundancia e a que, en proporción ao seu tamaño, non é moi loitador nin dificíl de extraer vivo, o cal o converte en obxectivo ideal en competicións deportivas.

  1. BOE, Suplemento en lingua galega ao núm. 298, Luns 12 de decembro de 2011 Sec. I. Páx. 23.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]