Bouza, Baredo, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bouza
ParroquiaBaredo
ConcelloBaiona
Coordenadas42°06′05″N 8°52′16″O / 42.101397222222, -8.8710777777778Coordenadas: 42°06′05″N 8°52′16″O / 42.101397222222, -8.8710777777778
Poboación76 hab. (2015)
editar datos en Wikidata ]

A Bouza,[1] erroneamente chamada no Nomenclátor de Galicia Bouza, é unha aldea da parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2015, tiña 76 habitantes (39 homes e 37 mulleres).[2]

Este topónimo sempre vai acompañado do artigo, a pesar de non telo no Nomenclátor de Galicia, aínda que si en Galicia Nomeada. Así o corroboran outros microtopónimos como "O Campo da Bouza". É tamén un dos barrios históricos da parroquia e, polo tanto, está ben atestado o mantemento do artigo. Por exemplo, en 1753, en documentación do Arquivo Municipal de Baiona, aparece un veciño chamado "Francisco Barreyro da Bouza".

Ó igual que noutros barrios, as casas están illadas e construídas sobre terras de cultivo. Existen varias edificacións de tipoloxía tradicional (incluíndo canizos), mais as novas non a manteñen.[3]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Baredo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Baredo no concello de Baiona (Pontevedra)

O Agro | Bouza | O Cabreiro | As Cadeiras | O Cancelo | O Caneiro | O Carballo | O Lombo | A Ponte | Os Portelos | O Río | Rocamar | A Torre

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A Bouza". Galicia Nomeada. Consultado o 02-05-2023. 
  2. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 17/12/2014. 
  3. "PXOM do concello de Baiona". Concello de Baiona. Consultado o 23-8-2016.