Saltar ao contido

Bonasa umbellus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bonasa umbellus
Bonasa umbellus
Carl von Linné 1766 Editar o valor en Wikidata
Vista no inverno
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
B. umbellus Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Características
 Ciclo diurno
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGalliformes
FamiliaPhasianidae
XéneroBonasa
EspecieBonasa umbellus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1766 Bonasa umbellus Editar o valor en Wikidata
Localización
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/01wbt9 Editar o valor en Wikidata
ITIS175790 Editar o valor en Wikidata
OTT728082 Editar o valor en Wikidata
UICN22679500 Editar o valor en Wikidata
CoLMH5Q Editar o valor en Wikidata
EOL45510621 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Bonasa umbellus é unha especie de ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, a única actualmente admitida como válida no xénero Bonasa.[1]

Endémica de América do Norte, é a ave estatal de Pensilvania.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Mide ao redor de 45 cm de lonxitude, e ten un peso que varía desde os 680 aos 850 g nos machos e de 481 a 623 g nas femias.[3]

Semella unha pequena galiña cunha crista de plumas na parte superior da cabeza. No pescozo ten un colar negro ou pardo avermellado. A cola dos machos desprégase en abano cando camiña ou voa. Unha banda subterminal parda adorna a cola. A femia é máis pequena, e presenta unha raia subterminal interrompida no medio do abano da cola. O macho leva tamén dúas manchas en forma de ollo nas plumas de ambos os lados do ano.[3]

Presenta dúas coloracións diferentes na cola: avermellada no sur da área de dispersión e gris no note.[3]

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

O seu hábitat son os bosques mixtos caducifolios e de coníferas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Distibúese polo Canadá e o norte dos Estados Unidos, de costa a costa, estendéndose desde o norte de Xeorxia e o nordeste de Alabama, polo sur, até o Labrador. E na área da costa oeste, esténdese desde o noroeste de California até Alasca.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi definido en 1819 polo naturalista inglés James Francis Stephens, en General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198–303.[4]

En canto a especie fora definida en 1766 por Linneo na 12ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tetrao umbellus,[5] e posteriormente reclsificada dentro de Bonasa.

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Bonasa, é probabelmente unha alteración do latín bonasus, 'uro', pola similitude do característico son que emiten estes animais como dun redobre de tambor que recorda ao bramido dun touro.[6]

O epítreto específico, umbellus deriva o latín umbella, 'parasol', en alusión á forma da cola despregada polos machos durante a exhibición na época de celo.[7]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Na especie recoñécense na actualidade as seguintes subespecies:[1][8]

  • Bonasa umbellus affinis Aldrich & Friedmann, 1943
  • Bonasa umbellus brunnescens Conover, 1935
  • Bonasa umbellus castanea Aldrich & Friedmann, 1943
  • Bonasa umbellus incana Aldrich & Friedmann, 1943
  • Bonasa umbellus labradorensis Ouellet, 1990
  • Bonasa umbellus mediana Todd, 1940
  • Bonasa umbellus monticola Todd, 1940
  • Bonasa umbellus obscura Todd, 1947
  • Bonasa umbellus phaios Aldrich & Friedmann, 1943
  • Bonasa umbellus sabini (Douglas, 1829)
  • Bonasa umbellus togata (Linnaeus, 1766)
  • Bonasa umbellus umbelloides (Douglas, 1829)
  • Bonasa umbellus umbellus (Linnaeus, 1766)
  • Bonasa umbellus yukonensis Grinnell, 1916

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 Bonasa Stephens, 1819 no ITIS.
  2. Trostle, Sharon, ed. (2009). The Pennsylvania Manual 119. Harrisburg: Pennsylvania Department of General Services. ISBN 0-8182-0334-X.
  3. 1 2 3 Ruffed Grouse Life History en TheCornellLab of Ornothology. Cornell University.
  4. General zoology, or Systematic natural history, Volume 11 Aves, pp. 198-303.
  5. Tetrao umbellus Linnaeus, 1766 no GBIF.
  6. Bonasa no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.
  7. umbella no Merriam-Webstwer's Unabriged Dictitionary.
  8. Gill, F. & Donsker, D., eds. (2015): "IOC World Bird List". worldbirdnames.org. International Ornithologists Union Committee on Nomenclature. Consultada o 8 de decembro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • De Juana, E. (1994). "Family Tetraonidae (Grouse)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 376–411. ISBN 84-87334-15-6. 
  • Dickinson, E. C., ed. (2003): The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. 3nd ed. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9.
  • Henninger, W.F. (1906). "A preliminary list of the birds of Seneca County, Ohio" (PDF). Wilson Bulletin 18 (2): 47–60. 
  • Ohio Ornithological Society (2004): Annotated Ohio state checklist.
  • Peterson, R. T. (2010): Peterson Field Guide to Birds of Western North America, Fourth Edition. Nova York: Houghton Miffin Hartcourt Publishing Company. ISBN 978-0-5471-5270-7.
  • State Symbols of Pennsylvania: State Bird, The Ruffed Grouse PDF fulltext

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]