Saltar ao contido

Boloria selene

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Boloria selene
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
Superfamilia: Papilionoidea
Familia: Nymphalidae
Subfamilia: Heliconiinae
Tribo: Argynnini
Xénero: Boloria
Especie: B. selene
Nome binomial
'Boloria selene'
(Denis & Schiffermüller, 1775)
Sinonimia
  • Clossiana selene
  • Argynnis euphrasia (Lewin, 1795)
  • Argynnis silene (Haworth, 1803)[1]

Boloria selene é un lepidóptero ropalócero da familia Nymphalidae.[2][3][4]

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribúese por Europa, Rusia, Mongolia, illa de Sakhalin, península de Corea e norte de América. Na Península Ibérica atópase nas principais serras do centro e norte.[3][5]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Claros de bosque normalmente húmidos, prados en bosques de ribeira, áreas pantanosas preto de lagos. A eiruga aliméntase de plantas do xénero Viola.[3]

Período de voo e hibernación[editar | editar a fonte]

Unha xeración a elevadas altitudes ao sur, entre mediados de maio e xullo; no resto pode ser bivoltina coa primeira xeración entre principios de maio e finais de xuño e a segunda entre medios de xullo e principios de setembro. Hiberna como eiruga en estadios intermedios.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]