Bob Avakian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bob Avakian (7 de marzo de 1943, Washington D.C.) é un político estadounidense, líder do principal grupo maoísta dos Estados Unidos, o Partido Comunista Revolucionario.

Neto de emigrantes armenios que chegaran aos Estados Unidos para traballar no campo, educouse en Berkeley, California. O seu pai era xuíz do Condado de Alameda. Na Universidade de California entrou en contacto con grupos da esquerda e participou en protestas estudantís que dirixía Mario Savio para obrigar á Universidade a recoñecer a liberdade de expresión. Avakian converteuse no voceiro na área de San Francisco do Partido Paz e Liberdade mentres apoiaba activamente aos Panteras Negras. En 1975 participou na creación do PCR. Cando Deng Xiaoping visitou os Estados Unidos, Avakian dirixiu as protestas en Washington contra a visita. Por enfrontamentos coa policía na protesta, el e os outros membros do seu grupo foron xulgados e condenados a un total de 241 anos de cárcere. Para evitar ir a prisión marchou a París en 1981. No entanto, todas as acusacións contra el foron completamente retiradas en 1982.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Preaching From a Pulpit of Bones
  • Democracy: Can't We Do Better Than That?
  • A Horrible End, or an End to the Horror?
  • Could We Really Win?
  • Phony Communism is Dead; Long Live Real Communism
  • The Immortal Contributions of Mao Tse-Tung
  • Bullets From the Writings Speeches and Interviews of Bob Avakian (Little Silver Book)
  • For a Harvest of Dragons - A collection of essays.
  • From Ike to Mao and Beyond: My Journey from Mainstream America to Revolutionary Communist ISBN 0-9760236-2-8
  • Observations on Art and Culture, Science and Philosophy
  • Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics