Bilurico escuro
Bilurico escuro | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
T. erythropus en plumaxe non reprodutora | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O bilurico escuro[2] ou bilurico patirrubio[3] (Tringa erythropus) é unha ave limícola da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino dado ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) por Aldrovandus en 1599 baseado na palabra do grego antigo trungas, unha ave limícola de tmaño dun tordo, con rabadilla branca que movía a cola mencionado por Aristóteles. O nome específico erythropus procede do antigo grego eruthros, 'vermello' e pous, 'pé'.[4]
Reprodúcese no norte de Escandinavia e norte de Asia e emigra ao sur ao Mediterráneo, ao sur das illas británicas, Francia, África tropical e Asia tropical para invernar. En Galicia é unha ave de paso escasa durante a época migratoria.[3] É unha ave errante ocasional en Australia e Norteamérica.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi descrita cientificamente polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome de Scolopax erythropus.[5][6][7] É unha especie monotípica, xa que non se recoñecen subespecies.[8] Taxonomicamente, forma un grupo estreitamente unido xunto con outras especies grandes de Tringa, e as análises moleculares mostran que forma un clado irmán que contén o Tringa melanoleuca e o Tringa totanus.[9]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha limícola grande que mide de 29 a 31 cm de longo (desde a punta do bico á punta da cola polas costas),[10] cunha envergadura alar de 61 a 67 cm e un peso de 121 a 205 g.[11] É negro en plumaxe reprodutora, e moi claro en inverno. Ten patas e bico vermellos co extremo negro, e mostra unha zona oval branca no dorso na zona da mitra en voo. Os xuvenís son marróns cincentos con finas manchas brancas pola parte superior e unhas partes inferiores claras finamente barradas. Os adultos mudan completamente entre xuño e outubro. En primavera, a plumaxe corporal muda entre marzo e maio. Os xuvenís experimentan unha muda parcial entre agosto e febreiro.[12] A súa chamada é un asubío renxente que soa como teu-it (algo parecida á chamada do carrán rosado). A chamada de alarma é un kyip-kyip-kyip.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Reprodúcese no Ártico ao longo de gran parte de Eurasia, desde Laponia no oeste ata Chukotka no leste.[9]
Comportamento
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntase de pequenos invertebrados.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Nidifica na taiga aberta pantanosa, pon catro ovos nunha depresión que escava no chan. Para reproducirse a ave muda adquirindo unha plumaxe negra ou gris escura con manchas brancas e as patas se lle volven máis escuras.
Conservación
[editar | editar a fonte]É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2015). "Tringa erythropus". IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T22693207A67217485. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-4.RLTS.T22693207A67217485.en. Consultado o 5 July 2016.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 150, 390. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Peters, James Lee (1934). Check-list of Birds of the World. Volume 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 264.
- ↑ Sherborn, C. Davies (1905). "The new species of birds in Vroeg's catalogue, 1764". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 332–341 [340 No.306]. Inclúe un transcrito do texto de 1764.
- ↑ Rookmaaker, L.C.; Pieters, F.F.J.M. (2000). "Birds in the sales catalogue of Adriaan Vroeg (1764) described by Pallas and Vosmaer". Contributions to Zoology 69 (4): 271–277.
- ↑ O'Brien, Crossley & Karlson 2006, p. 357
- ↑ 9,0 9,1 Parkin & Knox 2010, p. 173
- ↑ Cramp 1977, p. 3
- ↑ O'Brien, Crossley & Karlson 2006, p. 254
- ↑ RSPB Handbook of British Birds (2014). UK ISBN 978-1-4729-0647-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bilurico escuro |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Bilurico escuro |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cramp, Stanley, ed. (1977). Handbook of the Birds of Europe, the Middle East and North Africa: Birds of the Western Palearctic. Volume 1, Ostrich to Ducks. Oxford University Press. ISBN 0-19-857358-8.
- O'Brien, Michael; Crossley, Richard; Karlson, Kevin (2006). The Shorebird Guide. New York, NY: Houghton Mifflin. ISBN 0-618-43294-9.
- Parkin, David T.; Knox, Alan G. (2010). The Status of Birds in Britain and Ireland. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2500-7.
- Pereira, S.L.; Baker, A.J. (2005). "Multiple Gene Evidence for Parallel Evolution and Retention of Ancestral Morphological States in the Shanks (Charadriiformes: Scolopacidae)". Condor 107 (3): 514–526. doi:10.1650/0010-5422(2005)107[0514:MGEFPE]2.0.CO;2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Folla de datos de BirdLife species para Tringa erythropus
- {{{2}}} en Avibase
- Vídeos, fotos, e sons de Bilurico escuro na Internet Bird Collection
- Galería de fotos de Bilurico escuro en VIREO (Universidade de Drexel)
- Mapa interactivo da área de distribución de Tringa erythropus en IUCN Red List maps
- Tringa-erythropus - Gravacións de sons de Spotted redshank en Xeno-canto.
- Tringa erythropus en Flickr: Field Guide Birds of the World