Bill Willingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBill Willingham

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodecembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Fort Belvoir, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistorieta, ilustración, ciencia ficción e literatura de ciencia ficción Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónartista de banda deseñada , creador de banda deseñada , escritor , guionista de cómics , autor de cómics Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Páxina webnohtsc.square.site Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1037116 Editar o valor em Wikidata

Bill Willingham, nado en decembro de 1956 en Fort Belvoir, Virxinia, é un escritor e artista estadounidense de banda deseñada.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Willingham comezou a traballar como escritor de banda deseñada a tempo completo a principios da década de 1980, despois de conseguir un traballo como editor en IRS, un fabricante de xogos de rol, a finais dos anos 70.

Debutou artisticamente con Elementals, escribindo a primeira serie e a maioría da segunda, así como algúns especiais como Elementals Special, Elementals: Sex Special (1991), Elementas: Ghost of a Chance (1995) e Elementals: The Vampire's Revenge. Seguiu con historias para o clásico de DC Comics Green Lantern e tres números da serie Coventry creada por el. Tamén produciu algúns cómics pornográficos en 1991 baixo o título Ironwood.

Anos 90 e 2000[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1990, Willingham escribiu a serie de trece partes Pantheon, publicada por Lone Star Press. A continuación seguiu unha concentración gradual na súa obra literaria: escribiu unha serie de novelas curtas que trataban sobre as aventuras modernas da antiga figura mítica do guerreiro anglosaxón Beowulf e a novela fantástica Down the Mysterly River.

Desde o inicio dos anos 2000, Willingham escribiu para DC Comics, incluíndo traballos sobre a bruxa Thessaly e series de superheroes como Robin (2004 a 2006), Batman e Legends of the Dark Knight. Tamén colaborou con Marvel Comics en Ultimate X-Men. Despois de escribir Day of Vengeance, comezou a serie Shadow Pact, que presenta un grupo de seres sobrenaturais, incluíndo Deadman e Zatanna. Ademais, desde 2002, a serie Fables de Willingham, publicada por Vertigo (un selo de DC), narra as aventuras de personaxes de contos de fadas en Nova York actual, gañando premios como o Eisner e inspirando o videoxogo The Wolf Among Us.

Posicións políticas[editar | editar a fonte]

Willingham mantivo unha posición ambigua sobre a súa ideoloxía, nun mundo coma o da banda deseñada maioritariamente de esquerda. Tanto a súa obra como el mesmo foron caracterizados como de dereitas ou conservadores, sionistas e mesmo racistas.[2][3]

Polémica sobre os dereitos de autor[editar | editar a fonte]

Moitos autores da BD criticaron as grandes editoras respecto ao tratamento da propiedade intelectual e os dereitos dos creadores. Alan Moore, sentiuse traizoado por DC pola xestión dos dereitos de Watchmen, Jack Kirby tivo desacordos con Marvel, Frank Miller criticou á industria centrado en temas sociais, Neil Gaiman apoiou licenzas abertas como Creative Commons, e outros como Cory Doctorow, aínda que non é un autor de BD, criticaron activamente as políticas tradicionais de dereitos de autoría.

Bill Willingham, asegurou que desde o 15 de setembro de 2023, toda a propiedade de Fables está no dominio público, sendo previamente da súa propiedade exclusiva. Despois deste anuncio, DC respondeu que tomaría medidas legais para protexer os seus dereitos.[4][5]

Notas

  1. "Willingham-Bill-1956". encyclopedia.com. 
  2. "The Messy Conservative Worldbuilding Of Bill Willingham’s ‘Fables’" (en inglés). 2011-08-23. Consultado o 2023-09-17. 
  3. "Is it true Bill Willingham is racist and supports Israel? - Off-Topic". Comic Vine (en inglés). 2015-04-16. Consultado o 2023-09-17. 
  4. Cronin, Brian (2023-09-14). "Bill Willingham Puts Fables Into the Public Domain". CBR (en inglés). Consultado o 2023-09-17. 
  5. Sanmartín, Juan (2023-09-18). "DC no se va a quedar de brazos cruzados con Fábulas: la editorial no reconoce el lanzamiento al dominio público". Vidaextra (en castelán). Consultado o 2023-09-20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]