A. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada
Nome orixinal | (bn) অভয়চরণারবিন্দ ভক্তিবেদান্ত স্বামীপ্রভুপাদ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1 de setembro de 1896 Calcuta, India |
Morte | 14 de novembro de 1977 (81 anos) Vrindavan, India (pt) |
Lugar de sepultura | ISKCON Temple, Vrindavan (en) |
Relixión | Hinduísmo |
Educación | Scottish Church College (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía e cultura da Índia (pt) |
Ocupación | escritor, tradutor, filósofo |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 1933 |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | prabhupada.net |
Abhaya Caranāravinda Bhaktivedānta Svāmi, nado como Abhay Charan De en Calcuta o 1 de setembro de 1896 e finado en Vrindava o 14 de novembro de 1977, foi un mestre espiritual indio, fundador-preceptor de International Society for Krishna Consciousness[1] (ISKCON), coñecida comunmente como o "Movemento Hare Krishna". Os membros do movemento ISKCON ven a Bhaktivedānta Swāmi como o representante e mensaxeiro de Krsna Caitanya.[2][3][4][5]
Foi educado no Scottish Church College de Calcuta.[6] Antes de adoptar a vida de novizo (vanaprastha) en 1950,[7] casou, tivo fillos e levou un pequeno negocio farmacéutico.[8][9] En 1959 fixo voto de renuncia (sannyasa) e comezou a escribir comentarios ás escrituras do Vaishnava.[10] En anos posteriores, como monxe viaxeiro do Vaishnava, converteuse nun comunicador influente da teoloxía de Gaudiya Vaishnava na India e especificamente no mundo occidental mediante o liderado da ISKCON, fundada en 1966.[11][12] Como fundador de ISKCON, "xurdiu como unha figura importante da contracultura occidental, iniciando miles de mozos estadounidenses".[13] Recibiu críticas dos grupos anticulto, á parte dunha benvida favorable de estudos da relixión como J. Stillson Judah, Harvey Cox, Larry Shinn e Thomas Hopkins, que eloxiou as traducións de Bhaktivedānta Swāmi e defendeu o grupo contra as imaxes distorsionadas e malas interpretacións dos medios.[14] Con respecto ás súas achegas, os líderes relixiosos doutros movementos de Gaudiya Vaishnava tamén recoñeceron a súa importancia.[15]
Foi descrito como líder carismático no sentido empregado polo sociólogo Max Weber, con grande éxito na adquisición de seguidores nos Estados Unidos, Europa a India e no resto do mundo.[16][17] A súa misión era propagar por todo o mundo o Gaudiya Vaishnavism, escola do hinduísmo Vaishnavite que lle ensinou o seu gurú, Bhaktisiddhanta Sarasvati.[11] Trala súa morte en 1977, ISKCON, a sociedade que fundou baseada nun tipo de krishnaísmo hindú que empregou o Bhagavata Purana como escritura central, continuou a medrar. A súa tradución e comentarios ao Bhagavad Gītā, titulado Bhagavad-gītā As It Is, está considerado polos seguidores do movemento ISKCON e moitos estudosos védicos como as mellores obras literarias do vaishnavismo traducidos ao inglés.[2][3][4][5][18]
Títulos honoríficos
[editar | editar a fonte]- Swāmījī — título orixinal empregado polos discípulos estadounidenses
- Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON
- Śrīla Prabhupāda — outorgado polos discípulos estadounidenses en 1968, popularizado por ISKCON
- A Súa Divina Graza — título para dirixirse a el, outorgado polos discípulos estadounidenses, popularizado por ISKCON
- Svāmī Mahārāj — empregado na súa denominación local Gauḍīya Maṭha (en que "Prabhupāda" é destinado a Bhaktisiddhānta Gosvāmī)
- Śrīla Bhaktivedānta — empregado en Chaitanya Mission / Science of Identity (en que "Prabhupad" é destinado a Chris Butler)
Monumentos
[editar | editar a fonte]Construíronse numerosos samadhis e santuarios dedicados á memoria de Bhaktivedanta Swami por parte dos membros de ISKCON, o maior deles situado en Mayapur, Vrindavan, e cos de maior tamaño localizados nos Estados Unidos. O Palacio de Ouro de Prabhupada foi deseñado e construído por devotos da comunidade de New Vrindavan e consagrado o 2 de setembro de 1979. En 1972 a intención era que simplemente fose a residencia de Bhaktivedanta Swami, mais co tempo os plans evolucionaron nun palacio de mármore e ouro visitado por miles de peregrinos hindús cada ano.[19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goswami et al. 1983, p. 986
- ↑ 2,0 2,1 Melton, John Gordon. "Hare Krishna". Encyclopædia Britannica. www.britannica.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 9 de abril de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 "His Divine Grace A.C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada - Prabhupada". prabhupada.krishna.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2015. Consultado o 23 de novembro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2020. Consultado o 23 de novembro de 2019.
|title=
e|título=
redundantes (Axuda);|urlarquivo=
e|url-arquivo=
redundantes (Axuda);|dataarquivo=
e|data-arquivo=
redundantes (Axuda) - ↑ 5,0 5,1 "Avatar Credentials by his Divine Grace A.C. Prabhupada".
- ↑ Jones, Constance (2007). Encyclopedia of Hinduism. Nova York: Infobase Publishing. pp. 77–78. ISBN 978-0-8160-5458-9.
- ↑ Goswami 2002, Vol.1 Chapter 6
- ↑ Rhodes 2001, p. 178
- ↑ Goswami 2002, Vol.1 Chapter 4
- ↑ Goswami 2002, Vol.1 Chapter 9
- ↑ 11,0 11,1 Klostermaier 2007, p. 217
- ↑ Ekstrand & Bryant 2004, p. 23
- ↑ Klostermaier 2007, p. 309
- ↑ Vasan & Lewis 2005, p. 129
- ↑ Paramadvaiti, Swami B. A. "Copia arquivada". www.vrindavan.org. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2019.
|title=
e|título=
redundantes (Axuda);|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ "Unrecognized charisma? A study and comparison of four charismatic leaders: Charles Taze Russell, Joseph Smith, L Ron Hubbard, Swami Prabhupada" by George D. Chryssides. Paper presented at the 2001 International Conference The spiritual supermarket: religious pluralism in the 21st century, organised by INFORM and CESNUR (Londres, abril de 2001)
- ↑ Shinn 1987, p. 49
- ↑ Smullen, Madhava (12 de febreiro de 2014). "BBT Reaches Half a Billion Books Distributed Since 1965". ISKCON News. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2014. Consultado o 27 de febreiro de 2014.
- ↑ "Prabhupada's Palace of Gold". www.palaceofgold.com. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2008. Consultado o 31 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A. C. Bhaktivedanta Swami Prabhupada |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Goswami, Satsvarupa dasa (2002). Srila Prabhupada Lilamrta Vol 1–2 (2nd ed.). Os Ánxeles: Bhaktivedanta Book Trust. ISBN 0-89213-357-0.
- Ekstrand, Maria; Bryan, Edwin H. (2004). The Hare Krishna movement: the postcharismatic fate of a religious transplant. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-12256-X.
- Rhodes, Linda (2001). The challenge of the cults and new religions. Grand Rapids, Mich: Zondervan. ISBN 0-310-23217-1.
- Vasan, Mildred; Lewis, James P. (2005). Cults (contemporary world issues). Santa Barbara, California: ABC-CLIO. ISBN 1-85109-618-3.
- Cole, Richard; Dwayer, Graham (2007). The Hare Krishna movement: forty years of chant and change. Londres: I. B. Tauris. ISBN 978-1-84511-407-7.
- Goswami, Satsvarupa dasa (1984). Prabhupada: he built a house in which the whole world can live (abr ed.). Os Ánxeles: Bhaktivedanta Book Trust. ISBN 0-89213-133-0.
- Harvey Cox; Larry D. Shinn; Thomas J. Hopkins; A.L. Basham; Shrivatsa Goswami (1983). Gelberg, Steven J, ed. Hare Krishna, Hare Krishna: five distinguished scholars on the Krishna movement in the West. Nova York: Grove Press.
- Klostermaier, Klaus K. (2000). Hinduism: a short history. Oxford: Oneworld Publications. ISBN 1-85168-213-9.
- Klostermaier, Klaus K (2007). A survey of Hinduism (3rd ed.). Nova York: State University of New York Press. ISBN 978-0-7914-7081-7.
- Bhaktivedanta, A. C. (2003). The Science of self-realization. Os Ánxeles: Bhaktivedanta Book Trust. ISBN 91-7149-447-2.
- Shinn, Larry D (1987). Bromley, David G, ed. "The future of an old man's vision. ISKCON in the twenty-first century". The Future of New Religious Movements: 123–140. ISBN 978-0-86554-238-9.
- Knott, Kim (1997). "Insider and outsider perceptions of Prabhupada". ISKCON Communications Journal: 5: 1.
- Knott, Kim (2005). "Insider/outsider perspectives in the study of religions". En Hinnells, John. The Routledge companion to the study of religion. Routledge. p. 243. ISBN 978-0-415-33311-5.
- Shinn, Larry D. (1987). The dark lord: cult images and the Hare Krishnas in America. Filadelfia: Westminster Press. ISBN 0-664-24170-0. OCLC 15017927. OL 2737873M.
- Goswami, Srivatsa; Dasa Goswami, Satsvarupa; Cox, Harvey; Hopkins, Thomas J.; Judah, J. Stillson (1983). "Review: Srila Prabhupada-Lilamrta". Journal of Asian Studies 42 (4): 986–988. ISSN 0021-9118. JSTOR 2054828. doi:10.2307/2054828.
- Sharma, Jagdish Saran, ed. (1981). Encyclopaedia Indica. OCLC 8033900. OL 13760440M.
- Shinn, Larry D; Bromley, David G (1989). Krishna consciousness in the West. Lewisburg, Pa.: Bucknell University Press. ISBN 0-8387-5144-X.